Orgullosos como andabamos de "vender" o exemplo da transición española a outros países que debeían pasar de ditaduras a maqueadas democracias, agora estamos a caeu da burra. Estamos a descubrir, con pasmo, que a nosa democracia non está tan consolidada como criamos. Agora estamos comezando a descrubrir que a democracia española quedou falsamente asentada sobre demasiadas hipotecas, sobre un lamacal denominado Lei de Amnistía de 1977 á que nestes días lle están sacando as cores desde diferentes frontes, nacionais e internacionais.
Neste asunto, como noutros moitos, teño as ideas bailando sobre moreas de dúbidas que non deixan de moverse. Non simpatizo cos xuíces estrela, pero creo que o caso Garzón pode virnos vén para axudarnos a caer na conta de que tal vez sexamos nós os precisados de asesoramente e exemplo, porque democracias máis sarodias están avanzando máis de présa, librándose de hipotecas como esa Ley do punto final e a obediencia debida que Alfonsín apadriñou na Arxentina en 1987 e que 22 anos despois foi debidamente derrogada para enxuizar aos culpables de crimes e desaparicións masivas, ás ordes de Videla e compañía.
Pasaron 33 anos desde a promulgación da Lei de Amnistía española que o Comité de Dereitos Humanos da ONU considera tan ilegal como a Lei do Punto final. Amnistía Internacional e outros organismos defensores dos dereitos humáns claman no deserto, polo de agora, contra o que os españois -como un todo- seguimos sen ver como xenocidio: a desparición forzada de máis de cen mil persoas. Os españois seguimos sen sermos capaces de caer na conta de que o crime de desaparición forzada non é amnistiable.
As vítimas son invisibles, salvo Baltasar Garzón, que de xuiz se cadra un chisco prepotente está a converterse nunha vítima de relumbrón para que se crezan os que nunca creron na democracia pero que se amparan nela e nas hipotecas sobre as que se asenta para convertela nunha canle de vinganza, nun escarmento exemplar, nun aviso para navegantes. A lei de Aministía deixou todo atado e ben atado. Quen se atreva a tentar desatalo para facer visibles ás vítimas pode acabar descabezado.
Que nos impide promover unha derogación da lei de Amnistía que sirve de amparo para crimes masivos, para desaparicións que non son amnistiables? Unha lei que da cobertura a crimes que son, pola súa propia natureza, imprescritibles? As miñas dúbidas pesan aquí máis cás miñas certezas, pero síntome na obriga de opinar. Para o Goberno e para os partidos maioritarios resulta máis cómodo e menos arriscado sacrificar unha cabeza, aínda que sexa a dun xuíz con máis de exemplar que de estrela, por non remover no lamacal. Semella que preferimos seguir mantendo unha democracia hipotecada, aínda que non poidamos servir de axeitado exemplo para outros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Amigo Xabier, acertado comentário, coma sempre. Non sei se, “inclusivamente”(Dario dixit) alguén de Val do Marcos, que nos escoite estará dacordo. Nunca entendín nin entendo a aqueles pobos que pensan que son capitalistas para defnder tales ideas.
Voltando ó do Xuiz Garzón, a min tamén me veñen e van cousas na caluga, pensando que ó mellor puido-o facer con mais xeito e menos rebumbio, pero cada un de nos temos as nosas maneira. Boas ou más, mais en definitiva, as nosas.
O mellor, este Señor, seguramente con mais información que nós, igual pensou que a única maneira de cambiar esta devesa era así. Solo él saberá o porqué.
Eu teño a esperanza(non aguirre) que haxa un antes a un despois de Garzón. O que me indigna é que os socialistas, nestas cousas, non fagan o mesmo que fiñeron os populares, pois o señor que pasa as vacacións en Onésimo (escolleo e sitio), deulle un nó mais o ben atado daquel xenaral reinante de Galicia. (As minúscula e maiuscúlas, son marca da casa).
Estoume a alargar demasiado, solo espero que A XUSTICIA, o fin fique por enriba desta xusticia.
Apertas.
Só con esperanza (non Aguirre, desde logo) non iremos a ningures, e con mobilizacións se cadra é certo que se prexudica sobre todo a Garzón. Pero algo haberá que facer. Aínda que só sexa opinar.
Saúdos, Xabrés.
Outro que dubida, e ao que Garzón non lle cae especialmente ben (xa podía facer menos cousas pero rematalas ben)r
Publicar un comentario