viernes, 20 de noviembre de 2009

A avoa máis entrañable de Brumoso faise famosa

Coma se non lle abondase coa súa simpatía e permanente bo humor para facerse querer por todos os que a rodean –o lugar enteiro durante todo o verán-, agora a aboa Esperanza faise famosa da man do neto Lete. Xuntos acaban de gañar o concurso de fotografía convocado polo concello de Hermisende. Da gusto vela, tan concentrada a sacarlle a casca ás castañas para facer un cacafú ou unhas gustosas mamotas. Podía ser unha foto lendo, como seica fai a miúdo. Paseando ou falando con calquera dos veciños en calquera rúa do lugar. Conversando animadamente con calquera dos netos. pero o premio chegou da man das castañas e no tempo das castañas. Para saber da súa simpatía, do optimismo contaxioso que transmite hai que ter a sorte de poder compartir uns minutos de charla con ela. Os que a temos algo lonxe, xa nos tarda en chegar o próximo verán.

3 comentarios:

Gema dijo...

yo que he pasado tantas horas con ella cuando era niña,no te puedes imaginar lo que la echo de menos ahora que la tengo lejos, para mi es unica y siempre sera "mi abuelita".Besos

Lete F. dijo...

Grazas polas palabras. Esas castañas en concreto serviron pra cocerlas e votarlas no leite. Sempre digo que facemos un bo equipo, ela as pela e eu "as paso pra atrás".
Desexando estou de ir a buscala a casa de Teresita pra que pase o decembro con nos e que me diga o seu chiste de todos os anos: Que le gardemos o turrón duro que ela coa sua dentadura (en paz descanse) a escape da conta de él.
Non sei si este ano pondrán as fotos no calendario como outros anos, porque non sei se le fará moita gracia. "¡Ahhh! mais, ¿quen poso ahí a esa vellota", dirá.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Eu que non puiden coñecer a ningunha das miñas avoas, só podo sentir envexa de vós por terdes unha tan lúcida e benhumorada.
Abrazos para os dous, para todos vós.