domingo, 6 de septiembre de 2009

Un bicho ben armado para sobrevivir

















Cabeza de paquidermo con ollos que todo o ven e traseira de porco montés con rabo-aguillón. Alguén viu algunha vez en Brumoso un bicho tan ben armado? Eu, non. Cantos paxaros o terán mirado, primeiro cun ollo, despois co outro, antes de deixalo en paz e ir na procura dun coco menos cocón? Entre a fascinación e o noxo estivemos a estudialo Vicki e mais eu no patio das Bichas. Esa especie de dedo corazón de adulto con enormes ollos amarelos apareceu na pila onde lavabamos as leitugas, así que supuxemos que viría da horta. Tardou en deixar que puidesemos ver a súa miúda cabeza de comedor de verduras, disfrazado como andaba como un coco de meter medo. Non tiñamos formol para pensar en conservalo. Así que optamos por ofrecerllo a unha pita. O paxaro doméstico non lle tivo medo ningún ó bicho do verán, que poderíamos bautizar como o dedo que todo o ve. Seguramente medrara máis do habitual grazas á súa capacidade de amedrentar aos seus inimigos naturais. Ata que foi dar ó galiñeiro.

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Coido que nunca vira tal. O becho é verdadeiramente enganoso, pois os ollos enganan. Pode ser unha maneira de defensa.
¡Oes, lástima de que o coemran a pitas, pois podería servir para que él roera os novos altofalantes da igrexa!.
Haberá que ir as bombas do Rosario, e tentarei de subir a tocar as campas.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Os altofalantes eses ben podían quedar roucos pra sempre. A súa música da noxo. Agardemos que sexa solución transitoria e que transite logo cara a outro sitio.