sábado, 12 de septiembre de 2009

A fala dos paxariños

Segundo a versión transmitida polo avó Constantivo, se se sabía escoitar, podíase entender o que dicían os paxaros. Así, a fala das anduriñas traía esta mensaxe:
“Fun ó marrrr, vin do marrr
e todo o liño sin mazarrrrr!
¿Qué fixeches, prrreguizosa,
todo o inverrrno tras do larrrrrrrrrr…?”
Este verán copiei a súa cantarela nunha gravadora e, se puidese, compartiríaa aquí, pero non sei como facer. Se vos serve de algo a miña palabra, eu diría que sí, que máis ou menos iso é o que nos di a anduriña que durante cada mes de agosto pon música ambiental no noso curral de Brumoso. Canta ben. Con todo, creo que é unha anduriña mal informada. O noso liño hai moito tempo que está mazado.
O avó Constantivo tiña tamén anotada a letra do canto dos avións, os namorados das figueiras con figos:
-Víchelo crego? Víchelo crego?
-Dis que non o viuuu!
-Mira que te tira un tirooo!”
Ou o lamento do rosinol, que se pasaba cantando toda a noite para que a compañera non deixara de chocar pola tristura de sentirse abandonada. O rosinol quedaba preso polo medre dunha planta trepadora, unha enredadera, e así dicía:
-¡Preso, preso, preso, presoooo… nun requízquillooooo!

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Neste fin de samana, estive en Brumoso, recollendo na Porteliña, cantidades industriales de produtos hortículas. Andaba por alí o Excmo. Sr.D. Pablo, coido que tamén no mesmo.
Estando sacando as patacas,durante todo o proceso estivo o meu arredor un fermoso "Porquiño do Rei", coñecido na fala de Castela como Petirrubio. Coido que tentaba decirme algo, mais como eu non son demasiado espabilado non o comprendín.
Houbera estado ben por alí o ti Constantino.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

O porquiño do rei vai ser petirrojo en Castela e paporrubio en Galicia. Tanto ten. E un paxaro simpático, tan confiado que non sei como non está xa extinguido. Non sei se meu avó tiña algunha fala para él, pero non me estrañaría.