jueves, 3 de septiembre de 2009
As anduriñas na encrucillada e o outro
As anduriñas, sobre todo polas mañás , formaron parte da miña paisaxe cotían durante o mes de agosto. As anduriñas voando, incansables, ou tomando a nogueira da aira, por centos, como punto de encontro. As anduriñas na encrucillada dos cables da luz, se cadra en animado debate para determinar se era ou non o momento de emprender a gran viaxe. Con partidarias de seguir a tradición migratoria e outras partidarias de quedar, aproveitando as vantaxes momentáneas do cambio climático. Na encrucillada quixen sacalas, sen mellor ferramenta que a cámara do meu móbil, sen percibir, ata ver a foto no ordenador, a presenza do outro (non) convidado, o aguilucho (din que é o falcón peregrino que cría nas fragas que hai nas proximidades do muíño do Medo). O outro tamén se deixou ver a miúdo, só ou con dúas crías, por enriba do lugar. Aquí, non creo que andase osmando as anduriñas. Seguro que lle chamaría máis a atención unha pita descoidada. Non sería a primeira vez que tentase cazar unha, na nosa aira. Agora xa non pode.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario