jueves, 8 de enero de 2009
Os bancos dan 5 días a San José para achegar garantías e refinanciar a súa débeda
A culpa é miña e non de San José. A culpa é do xornalista típico que adoita ler os titulares para, de seguido, crer que xa sabe o que di a nova, esquecendo que o titular é un cebo, un gancho que as veces ten pouco que ver coa realidade do que se detalla polo miúdo máis abaixo. Neste caso, o título si ten que ver coa nova, pero non coa nova que eu estaba a imaxinar. As miñas preguntas carecían de sentido. Estábame a escandalizar sen motivo. San José, tan austero de seu, non tirara a casa pola ventá coas festas de Nadal nin vaciara a caixa nas rebaixas. A nova de La Voz de Galicia falaba da construtora San José, tamén en dificultades, como tantas outras, por meterse a promotora inmobiliaria pouco antes de que estoupase a burbulla. A construtora anda precisando refinanciar unha débeda de 1.200 millóns de euros e sobre iso trataba a nova do amigo M.A.R. E eu pensando mal de San José. ¿Debería arrincar os meus ollos? Procurarei ler a letra miúda, a próxima vez. Un propósito para este ano novo. Un deses propósitos que se fan para non cumprilos, como lembra o louxeiro Pepe no seu blog -365- de imaxes para todo o ano, día a día. Eu seguirei coas palabras, sen compromiso de periodicidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¡Oes!, acábaseme de ocorrer, por culpa do teu comentario(coido que vas ir o inferno)o que sigue:
San José, non entrou no lio inmobiliario porque non era amigo de Herodes, que daquela era o cortaba o bacallau.
Non sei por que carallo me parece que o S.J. era palestino. Por tanto algún problema de caracter de diñeiros, xa non le afectaba.
¡Outra! ¿por que hai dous bandos con esto de xudeus e palestinos?.
Apertas.
Se vou alá, ó inferno, sempre haberá quen me conte chistes. Non é un chiste o de Gaza, aínda que un pensa se os militares israelís, ou polo menos os políticos que dan as ordes, se figurarán que están manexando un videoxogo e que os mortos son de mentira. O que sí é de humor negro e que haxa máis soldados israelís mortos por "fuego amigo" (deles mesmos) que mortos isarelís a mans palestinas, nos combates directos ou por culpa deses misiles de xoguete, os "scuds" nos que se escudan os gobernantes de Israel para emprender esta nova sarracina.
Publicar un comentario