domingo, 11 de enero de 2009

Matar persoas para eliminar bravatas, ideas e pensamentos

Os defensores (ou xustificadores) da campaña de morte e destrucción que Israel está levando a cabo en Gaza non só rexeitan que se amenten palabras como xenocidio ou exterminio senón que mesmo se enfadan se se fala da desproporcionalidade dunha acción bélica que suma mortos civiles por centos como resposta ao lanzamento sistemático duns misiles caseiros que non matan a ninguén. É a resposta dun Estado que se quere definir democrático e civilizado a un grupo de esencia terrorista, Hamás, que ameaza, acosa e atenta contra un pobo con dereito a vivir en paz. Un pobo, o israelí, con medios de abondo para conseguir que, case sempre, esas ameazas e ataques persistentes non pasen de ameazas; molestas, pero ameazas. Asi veu sendo ata que alguén con poder político (e motivos políticos e electorais) se cansou, dixo "xa abonda" e decidiu bombardear e invadir o territorio de Gaza, xa illado e afogado polo bloqueo, na procura dos terroristas. Neste caso, as ameazas, os misiles que non matan (tamén os atentados suicidas, que os hai) dan lexitimidade para todo, tamén para matar centos de civís, nenos e mulleres sen máis culpa que nacer e vivir en Gaza, de onde antes de comezar a ofensiva só se permitiu saír aos estranxeiros.
Para defender a acción salvaxe de Israel hai quen emprega argumentos retorcidos ata onde semella imposible retorcer nada. O filósofo André Glucksmann (El País, 6 de xaneiro de 2009) lembra o ideario de Hamás, que non recoñece o dereito a existir do Estado xudeo e soña coa aniquilación dos seus cidadáns. Pregúntase se quereríamos que Israel imite ese radicalismo e proceda a unha xigantesca limpeza ética: ""¿De verdad queremos que Israel refleje de forma proporcional los deseos exterminadores de Hamas?"
Coma se fosen accións salvaxes, dalgún modo, estase a defender a masacre de Gaza como forma de matar soños, desexos, idearios. Por fanáticos e criminais que sexan os soños e as ideas, as actuacións para facerlles fronte, con fogo real e a costa de centos de vidas inocentes, non poden achar entre nós nin excusa nin xustificación. Desde logo, non aducindo que eses civís están a servir de escudos humanos aos terroristas. Nin sendo escudos humanos voluntarios. Sobre este asunto, convido a ler o artigo que Soledad Gallego-Díaz publica hoxe en El País -"Cadáveres de críos"-, porque argumenta con claridade meridiana, a meu xuizo irrebatible, porque dispara ideas que merecen consideración e reflexión.
O conflicto entre palestinos e israelís sempre foi para min un motivo de tristeza. Sempre me pareceu unha triste metáfora da condición humana, esa semente de Caín que nos leva a no ser capaces de entendernos nin de convivir en paz.

Como di Marina Mayoral no seu artigo de hoxe en La Voz de Galicia, eu tampouco debería opinar nin escribir sobre este asunto porque non o entendo. Pero hai asuntos sobre os que un non pode calar sen ser cómplice. E este é un deles. Por iso quero deixar aquí o meu lamento, o meu berrolamento; por iso fun a manifestación que houbo onte en Compostela, onde me alegrou ver máis representación de Brumoso (polo menos había dúas sobriñas do Xabrés da Teixeira), e por iso teremos que seguir opinando ou berrando, como se está a facer por toda Europa.
Gluksmann remata o artigo citado argumentando que querer sobrevivir non é desproporcionado. Cabería facerse moitas preguntas, presentar moitas dúbidas sobre isto. A min si me parece desproporcionado querer sobrevivir a costa de matar a todos aqueles que desexarían verme morto, sobre todo se estou case seguro de que, aínda que o intenten, é improbable, case imposible que consigan matarme. Israel non conseguirá acabar cos terroristas que soñan borrar ese Estado do mapa do Mundo. Conseguirá que aumente a resistencia e o terrrorismo na zona, e que vaia a menos a comprensión e a solidariedade coa súa causa no resto do mundo.

9 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

¡Amigo, canta tolemia en nome de de algún deus!
Xa no é a primeira vez que ese pobo escollido fai algo parecido.O peor e que o resto do mundo mira para outro lado. Que ninguén olvide
que foi a Onu que colaborou a incrustación do estado israelita no medio de Palestina.
Os humanos non temos remedio.
Aledame moito que atoperas as miñas sobriñas na manifa.
Agora que non nos oe naide podoche decir un segedo: Estou moi orgulloso delas.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Recoñezo que non quixen interrumpir as súas conversas. Pero tamén celebrei velas alí, porque un celebra coincidir coa xente que aprecia ou admira en asuntos que considera de especial calado.
Saúdos persoas e berrolamentos polo conflicto, pola masacre, que semella non vai parar porque se movilice a poboación.

Xoán Salgado dijo...

Canta demagoxia barata ao servizo dunha -sen dúbida- causa xusta. Porque o pobo palestino ten dereito a un Estado e a poder vivir en paz, liberdade e...DEMOCRACIA. Cousa que o fanatismo integrista non vai conseguir simplente porque non o vai procurar, por moito que desde os nosos cómodos salóns eurocentristas berremos contra o malvado israelí que se resiste a deixarse borrar do mapa. Textos como este que de casualidade atopo na rede, deixanme tristemente moi clariño os poucos prol-palestinos de verdade que hai entre tanta soflama anti-israelí. Como dicía o vello poeta hippie de Xinzo de Limia, Xaime Noguerol:" Que trsieza o cerebro".

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Demagoxia non é a práctica política consistente en ganarse con halagos o favor popular? Eu non procuro o favor de ninguén. Sei que por opinar en libertade sempre está un exposto a recibir por varias frontes. Pero vai en min. Seguirei sen comprender que alguén poida defender unha cruzada esmagadora para tratar de acabar coas intencións asasinas de voceiros extremistas ou terroristas. Pasmo escoitando argumentos como que non se poden comparar 10 mortos con 1.200; que os 1.200 foron inevitables porque había que facer fronte ás intencións asasinas dos asasinados. Dito así, soa moi demagóxico. Non podo acreditar.

Xoán Salgado dijo...

Dis..."Un pobo, o israelí, con medios de abondo para conseguir que, case sempre, esas ameazas e ataques persistentes non pasen de ameazas; molestas, pero ameazas" Ti estás ben? Entre o 2000 e o 2004 foron máis de mil os israelís -civis-mortos en atentados. En restaurantes, autobuses, universidades... e logo dis..."molestas" Como que molestas? Non sabes que se un home-bomba,faise estourar nun autobus e mata a 20 ou 30 persoas- xudíos pero persoas- estas xa non están "molestas"? Por favor. Antes de escribir, PENSA o que escribes. E soibre todo deixa de lado a túa xenobobia buenista. Que cheira.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Aquí volve o xenobobo buenista, co seu cheiro (que non é a bomba, nin a sangue, agardo). O goberno israelí conseguiu os 1.200 ou 1.300 mortos en quince días, póndose á altura dos terroristas máis extremistas de Hamás en tempo récord. Parabéns para o Goberno. Non para os isrealís, porque coa súa campaña só consegui, me temo, alimentar o criadeiro de novos homes, mulleres e rapaces bomba, para manter a espiral.
Como sei que a descalificación non da a razón, seguirei de buenista pola vida.Recibindo o que veña dos moitos "tolerantes" que hai polo mundo. Opinando en libertade.Sen sequera sentir tentacións de eliminar os comentarios que non me gusten.O colmo do buenismo. Ou da estupidez, non?

J. dijo...

Pero señor, iso que di é un brindis ao sol. Se non é cunha operación militar, cómo cre que se pode deter a unha organización islamista coma Hamás? Mesmo nas épocas nas que en teoría había tregua Hamás seguía disparando cohetes que SI mataron, mutilaron e feriron a moita xente. Mire, aquí ten algunhas fotos:

http://jpundit.typepad.com/jci/2008/02/index.html

Comprendo que lle doa a morte de civís, é normal, o que pasa é que ás veces non hai outra solución ca recurrir á violencia.

IV REICH dijo...

Como veo que te gusta Bob Dylan(por cierto Judio),te dejo la letra de una de sus miticas canciones "MATON DE BARRIO",dedicada a Israel.

Bueno, el matón del barrio, es sólo un hombre, Sus enemigos dicen que está en la tierra de ellos. Lo superan en número como un millón a uno, No tiene lugar para escapar, lugar para correr. El es el matón del barrio.


El matón del barrio sólo vive para sobrevivir, Es criticado y condenado por estar vivo, No debe devolver los golpes, se supone que tiene la piel gruesa, Se supone que debe echarse y morir cuando rompan su puerta. El es el matón del barrio.


El matón del barrio fue expulsado de todas las tierras, Ha vagado por el mundo, un hombre exiliado. Ha visto a su familia dispersada, su gente cazada y desgarrada, Está siempre en juicio sólo por haber nacido. El es el matón del barrio.


Bueno, golpeó a una turba linchadora, fue criticado, Viejas mujeres lo condenaron, dijeron que tenía que disculparse. Luego destruyó una fábrica de bombas, nadie estaba contento. Las bombas estaban destinadas a él. Se suponía que debía sentirse mal. El es el matón del barrio.


Bueno, las chances están en su contra y las posibilidades son bajas de que viva por las reglas que el mundo hace para él, Porque tiene un nudo al cuello y una pistola a su espalda Y a cada maniático se le da una licencia para matarlo. El es el matón del barrio.


No tiene aliados, en verdad. Lo que consigue lo debe pagar, no lo consigue por amor. Compra armas obsoletas y no será rechazado, Pero nadie manda carne y sangre para luchar a su lado. El es el matón del barrio.


Bueno, está rodeado de pacifistas que sólo quieren paz, Rezan por eso a la noche, que el derramamiento de sangre termine. Ahora, no lastimarían a una mosca. Si lastimaran una llorarían. Se tienden y esperan que este matón se quede dormido. El es el matón del barrio.


Cada imperio que lo ha esclavizado ha desaparecido, Egipto y Roma, incluso la gran Babilonia. Ha hecho un jardín del paraíso en la arena del desierto, En la cama con nadie, bajo las órdenes de nadie. El es el matón del barrio.


Ahora, sus libros más sagrados han sido pisoteados, Ningún contrato que firmó valía el papel en que había sido escrito. Tomó las migajas del mundo y las convirtió en riqueza, Tomó enfermedad y peste y las convirtió en salud. El es el matón del barrio.


Qué le debe nadie a él? Nada, dicen. Solo le gusta causar guerras. Orgullo y prejuicio y superstición, en verdad, Esperan por este matón como el perro espera alimentarse. El es el matón del barrio.


Qué ha hecho para tener tantas cicatrices? Acaso cambia el curso de los ríos? Acaso contamina la luna y las estrellas? Matón del barrio, parado en la colina, Acabando el reloj, el tiempo deteniéndose. Matón del barrio.

SIMON BAR KOCHBA dijo...

Como diria o seu -suponho- admirado Mao, o debate da “desproporcionalidade” é um tigre de papel. Aconselho que no canto de perder o tempo lendo a cada vez mais indigerível prosa de Saramago (o “Ensaio sobre a cegueira” é sem mais literatura barata de quiosco, para além dum achádego autobiográfico sobre a cegueira moral de quem é capaz de comparar a morte dum par de dúzias de milicianos árabes em Jenin com o horror da Shoá), bote um vistazo aos “Discursos sobre a primeira década de Tito Livio” de Maquiavelo ou a “Da guerra” de Von Clausewitz, que estavam algo menos desorientados na questão que o bardo de Azinhaga.

Na guerra –e concedamos que embora se tratanto dum combate entre o exército dum Estado democrático e um feixe de clães terroristas, o de Gaza é parte duma “guerra”- joga-se com as regras do tabueiro militar, não com as que queiram impôr as vossas interessadas ONG’s. Metternich, que sabia algo mais de isto que Antonio Gala ou Pepe Saramago, sentou sentença bem claro: “Qualquer plano concebido em termos moderados fracassará quando as circunstâncias sejam extremas”.

Se o senhor considera que o que levam aturado os cidadãos judeus de Sderot, Ashdod, etc., é como a salva de foguetes de Pirotécnias Rocha anunciando a sesión-vermuth de onde diablos você viva –“uns misiles caseiros que non matan a ninguén”-, resulta que o Governo do país onde com esses “jogos de artifício” levam umas quantas dúzias de assassinados e mutilados têm outra forma de pensar. E fazeriam bem em não dar nenhum tipo de justificação nem desculpas a sujeitos, como você, que desde a placidez do seu chalet, com a kefiyá adornando-lhe o pescoço mentres teclea sandezes no seu ordenador, se crê com direito a pontificar a um Estado democrático como Israel que leva 60 anos aturando o indisimulado propósito de extermínio dos regímenes mais retrógrados, fascistas e selvagens do planeta.

Viva a desproporcionalidade!
quall