viernes, 2 de enero de 2009

¿Feliz ano novo?

¿Feliz ano novo? Semella inmoral, mesmo enunciar semellante desexo. Non pola crise, que outras houbo e foron salvadas. Non pola caída da venda dos coches, que xa hai demasiados a circular. Pero semella inmoral desexar bo ano novo cando os palestinos seguen a morrer coa mesma cadencia dos últimos días de 2008, doutras crises nunca superadas. ¿A culpa é do Goberno de Israel ou é de Hamás? ¿Tamén son culpables os mortos, por permitir que os usen como escudos? ¿Teñen oportunidade de escoller? Non teño opinións firmes sobre este conflicto tan enquistado. Procuro respectar as ideas dos amigos que teñen as ideas claras, nun sentido ou noutro. Pero o meu corazón e a miña cabeza coinciden en dicirme que debo estar coas vítimas. Para elas ten que ser a solidariedade. Para as vítimas que caen por centos, baixo a forza tecnolóxica das armas fabricadas polo civilizado occidente. A carraxe e o noxo, para nos mesmos, como parte desta comunidade internacional que case nunca fai nada a tempo de evitar masacres. Para esta Unión Europea que agora tampouco pinta nada, como tantas outras veces. Para esa ONU que cada día parece menos organización, incapaz de influir en nada. Para esa USA en trance de cambiar presidente para que todo, neste aspecto, siga igual (é de temer). Para os dirixentes dese estado que defende o seu dereito a existir dun xeito tan brutal, cunha forza tan desproporcionada que lle resta, ao meu modo de ver, toda lexitimidade. Para Hamás, tamén. ¿Feliz ano novo? ¿Para os palestinos que aínda viven? ¿Para os xudeos que se creen máis cerca dunha paz imposta pola forza? (¿A paz dos cemiterios?) ¿Para os membros da cómoda -aínda que en crise- comunidade internacional que se limita a mirar cara o desastre ou, mellor, para outro sitio?

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Vexo que hai carraxe nas túas verbas.
Se te serve de algo, estou totalmente de acordo contigo, ainda que, penso que eso non fixo mais que escomenzar.
Coido que le estando un aviso e unas patadas no cú, o Obama,inda que as patadas señan o traseiro dos Palestinos.
¡Fixate nunha cousa! ¡Todo en nome de un deus!
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

É un desastre, outro desastre. Cada parte actúa en nome do seu deus e as dúas deberían ir ao inferno, cada unha ao inferno da outra, polo mal que están a facer, polas mortes de inocentes que están a causar. NOn merecen perdón de ningún dios. NIn, moito menos, de nós.