miércoles, 7 de enero de 2009
Cando o teatro en Brumoso era máis que flor de un día
O louxeiro Pepe achégame un folleto ou anuncio ou programa de man dunha representación teatral cun reparto excepcional, que podedes ver con maior claridade picando enriba. Un reparto de mozos de ferro que agora son cabelos prateados, no mellor dos casos, ou foron chamados para esa última mudanza da que naide pode fuxir. Flor dun día acaba sendo a vida. Ben seguro que así llo parece aos do cabelo branco, como me parece a min que foi onte cando andaba facendo trasnadas polas rúas. Do que non cabe dúbida e de que San Ciprián era o berce, a cuna de grandes actores e actrices que atraían espectadores de todos os lugares da contorna. Se as airas pudesen falar... Como non é así, teriamos que tirar da memoria dalgún dos protagonistas para saber se a representación foi finalmente o domingo, 20 de abril de 1947, ou se tivo que deixarse, por culpa do tempo, para a segunda data contemplada, o día 27 de abril. Se houbo moita xente e se a Verinense ofreceu, como complemento, unha actuación digna do evento.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ougg!, machiño. Catro aniños tiña, o que daquela era o único fillo de meus pais. Oira falar dela, ainda que a que eu recordo, é creo que foi a última, era outra.Non recordo o tidúo, pero sí que traballaba o Modesto que sen non recordo mal facia de sargento Guillén, e tamen un feixe de actores do lugar.
Tamen habia un sainete en galego, no que a principal intérprete era a tia Josefa, e creo que o Teofilo.
Pido disculpas se estou errado.
Pareceme que un dos principais argallantes era Don Julio.
Apertas.
¿Non sería O soldado de San Marcial? Creo que está o libreto por casa. Do sainete da tía Josefa o o Teófilo tamén oín falar. O que non sabemos é en cal desas comedias estaría o mal apuntamento dun apuntador que dicía "azorrados" en vez de "azorados".
-Non será así, ti Gonzalo...
-¡Si, señooor!
Tempos aqueles. Cando teñamos maís tempo e menos vergonza aínda temos que montar algunha historia así. Para que queden falando de nós.
Saúdos
Publicar un comentario