sábado, 19 de abril de 2008

O mundo de onde veño, o mundo ao que sempre desexo volver

É Brumoso. O sitio onde nacín, o mundo ao que sempre estou desexando volver. Polo que se ve, botei raíces fondas que sempre me reclaman. Desde os trece anos, paro menos alí ca en calquera dos outros sitios polos que teño pasado: Cheste, Sevilla, Galdácano, Madrid, Zamora, Santiago de Compostela. Non importa. Brumoso tira de min e a Brumoso sempre volvo. Santiago é a miña cidade desde hai máis de vinte anos, pero Brumoso segue a ser o meu paraíso. Por iso está na maioría das historias que escribo. Por iso o traio tamén a este novo espazo. Para estar alí cando non podo estar alá.

10 comentarios:

Louxeiro dijo...

Ya estas añadido a favoritos, me alegra mucho que te hayas decidido a crear este espacio donde poder leer tus reflexiones.
Seguramente en los próximos días tendrás algun mensaje de Xon.

Nane Nane dijo...

Parabems Javier por o teu blog. Sempre é un pracer ler cousas ben escritas, e mais se tein que ver coas nosas raíces..
Coma ti, eu tamén levo dende os 13 anos entrando e saíndo desa paraxe tan maravillosa á que pertencemos, e sempre que teño un pouquiño achégome alí a encherme da terra.
Agora cada vez que sinta morriña pasrei por o teu blog, así entre os teus relatos e os do Xabrés fain a espera máis liviana.
Bicos Louxeiros.
Nane Nane

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Grazas pola visita e polos ánimos. Pensei que isto ía ser un diario moi anónimo, para min, pero estou a ver que engancha e invita a seguir. Á vista das visitas, vou ter que traballar. Claro que escribir da terra non é traballo, é goce. Bicos.

Gema dijo...

En estos tiempos que nos han tocado vivir de tantas prisas y tanta hipocresía, es un privilegio poder sentarte en tu casa, conectar el ordenador y encontrar blogs como este que te recuerdan que todavía hay sitios en los que el tiempo se ha parado y puedes respirar paz y tranquilidad a pesar de que el resto del mundo corre sin parar sin darse cuenta que al final todos seremos iguales e iremos a parar al mismo sitio.
Javier, gracias por tus relatos y aquí tienes otra incondicional de tu blog. Muchos besos.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Gracias por tu cariñoso mensaje. Junto con los anteriores, no hace más que llenarme de responsabilidad. El blog me va a dar trabajo, pero creo que lo voy a asumir con gusto. Espero no aburriros con mis "teimas" y confío en que mi opción por el gallego no sea obstáculo para entendernos. Seguro que no.

Un beso

alondra dijo...

Algúns, algunhas, marchamos antes de que as raíces afondaran... Aínda así, alí onde esteamos, algo temos de brumosos. E iso ninguén nolo pode quitar.
Un bico e un sorriso.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Un bico, Elena. E a ver se somos capaces de sorrir xuntos, de cando en vez, nesta buraca.

Unknown dijo...

Voute a dar a réplica desde a Solana de Brumoso, que son flaco ya tiritón.

A bruma de días ya semanas de chuvia cerrada sin delouros, no mes de febreiro, a casa chea de fumo para orear a matanza ou porque a cociña “económica” non tiraba, é parte cotidiana da nosa rapazada, tamén dos que fumos rapaces nos setenta. Bruma ya cheiro a terra, cocomelos ya castañas todo envolto en octubre ya noviembre, sin casi ver o sol en dez días seguidos, é un escenario idílico desde a infancia hasta ahora.

Bruma de todo a media luz, de sombras polas paredes ya casas ás escuras na parte final do siglo vinte louco que en sitios como Brumoso foi unha transición da edad media ó siglo dos ordenadores. Luz eléctrica que se iba máis tempo que estaba. Velas en palmatorias improvisadas, algún candil de petróleo que inda carburaba, candieiras… As linternas xa existían pero a vida era austera ya non había para pilas, ou non chegaban sempre ó comercio.

Mais tamén había solana naquela bruma. A solana de Brumoso para min é un prado cunha poza donde alguén, unha mai ou unha tía ou unha irmá mayor, lava roupa en primavera, ya esténdea no prado ó sol para que blanquee, cuando o sol apetece ya non molesta. Cerca daquela poza brotan os primeiros kakaragás, por marzo. Algunha tarde hay nese sitio cordeiros ou vitelos rañando. Un prado nunca barreira con vistas ó val de Brumoso, ó riu ya ó lombeiro. Ese mismo prado donde na Santa Mariña había cereixáis ya guindeiras donde encher á andorga á sombra, escapando un pouco da recollida da herba ou da seitura.

Seguiremos dando paseos intemporais ya virtuais (¡quén o diría!)por eses lares. Larga vida ó proyecto. Un abrazo.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Dicía a Fernanda que a miña entrada era un poema, pero seguro que xa cambiou de opinión. Ti si que lle botas poesía á túa parrafada, e sen renunciar á nosa fala. Case me fas sentir un traidor por renunciar a ese "ya" tan noso. Agardo contarte entre os costumeiros para que enriquezas coa túa enorme memoria para os detalles e as sensacións estas conversas telemáticas.
Un abrazo

minicidade dijo...

:-o