¿Ten que ser a morte un asunto solemne, sempre serio? Vendo a anterior entrada, podería parecer que si, pero penso que non é así. Nin ten que selo nin, en moitas ocasións, o é. Segundo para quen e en que momento, a morte é o mellor que lle pode pasar. Daquela, por que enfrontala de xeito tan dramático? Un asunto solitario, si que vén a ser. Por moito que haxa compaña ao redor, cada un morre por si mesmo, só. E se morre en grupo é peor: daquela é accidente, CO2, envelenamento colectivo.
Pero non, a morte non ten por que ser un asunto tan lutuoso como acostumamos a presentalo. Para convencerse, abonda con lembrar a esa veciña de Brumoso que, tempo atrás, acabou na maseira dos porcos cando a levaban cara ó cemiterio. Aconteceu nos tempos en que non había as caixas que agora coñecemos, cando os mortos facían a última viaxe nun escano de defuntos, unha caixa sen tapadeira que se abría por unha beira para botar os corpos á cova. No caso daquela veciña, a trapela abriuse mentres a baixaban no escano cara ao camiño, por unha empinada escaleira que pasaba pola corte. O corpo baixou decidido a botar unha última carreira que rematou na maseira. Sería cousa de ver, a expectación espertada alí abaixo. Os ollos de porco son pequechos, pero seguro que aqueles os abriron ben para ver como, en vez de botarlles comida, era a ama a que aparecía na súa mesa.
Hai mortes tristes, duras. Cando son demasiado temperás, cando nos collen por sorpresa. E hai mortes cómicas. Non sempre é posible deixar detalladas, con tempo, as últimas vontades. De poder facelo, o mellor que poderíamos deixar é un testamento ateigado de risa para aliviar o momento dos que deixemos atrás. Se quedan aliviados non o precisarían, mais tampouco lles faría mal. Como primeira das nosas últimas vontades, para abrir no momento en que pechemos os ollos: un vídeo, un audio, un chiste escrito para ver, oír ou ler nese preciso momento que chaman pasamento e que, para o protagonista, significa que xa non pasará máis nada. Converter unha bágoa de pesar en bágoa de risa. Un milagre! Esa sería unha fermosa forma de morrer. Unha gargallada, aínda que fose con bágoas, sería a mellor herdanza que poderiamos deixar. Mellor que cartos. Moito mellor que débedas. Os que queden para máis tarde, que gocen da vida todo o que poidan. Empezando nese mesmo momento.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Tienes toda la razón del mundo, no deberíamos dramatizar la muerte,seria mas fácil despedirlos de los nuestros con serenidad, con una sonrisa, con los buenos recuerdos, deseándoles que allí donde estén sean felices ¡pero es tan difícil hacerse a la idea de que no volverán! Besos
Soy consciente de ello. La vida es tan corta que no nos llega para hacernos a la idea de que la muerte es tan natural como inevitable. Un beso.
Amigo Xloro, á primeira cuestion que fais eu digo NON. Polo tanto coincido contigo.
E senón miremos que dí a mitoloxia mexicana e o folklor. Eles choraban cuando nacian e cantaban na morte.
Tamen as filosofias orientais, dicen que a morte, somentes é un cambio de estado, ou se queremos de dimensión. Polo tanto debemos pensar que é unha cousa tan natural coma nacer. O único fodido é para o que queda, pois cando un parente,amigo, ou simplemente coñecido, fai o pasamento, os que quedamos ficamos lixeiramente escarallados.Esto solo pasa se a persona que fica ten sentimentos.
A veciña de Brumoso, seguramente fixo o que tiña que facer, ir a que os marraos le votaran a derradeira ollada, pois ben sabido é por todolo mundo a relación de estes animais e os humanos.
De súpeto, ocúrreseme unha cousa: Os cochos son onnivoros, se les cae algo na maseira, ¿non terian a tentación de porse a comer?.
As mortes son duras, como dixen,para os que quedan, pero os enterros, nalgunhas veces teñen tintes cómicos, o problema é que non está ben visto rirse nos enterros.
Eu creo que a mellor maneira de morrer é que cada quen poida fecelo do xeito que él queira, mais como eso no é dado que sexa, tal como viña previsto nos genes de cada quen.
¡Uy que carallo, esto no é serio!
Decia meu pai, que él no le tiña medo a morte, pero que se a vira vir por un canada, e el tivera outro sitio polo que liscar, liscaria. Polo visto eso no pasou.
Unha aperta
Inda non aprendí a linkar. Todo se andará.
Estou de acordo con teu pai. Por iso fago deporte, para fuxir de présa, se me encontro coa señora e teño oportunidade de dar media volta.
Un pouco máis en serio: se en vida desdramatizamos algo este asunto, os que nos sobrevivan terán unha motivación para sacarlle ferro ó momento. Penso eu.
Saúdos.
Para min o complicado de este asunto, non é facerme a idea de que non volverán aqueles que marchan, é decirlle adeus. Non sei se será por o feito de que na miña familia xa case morreron máis dos que quedan, ano, tras ano, dende que nacín teño recordo de que alguen importante se vai para non volver, é lei de vida, seio, e pareceme normal, pero sempre doe moito ter que decirlle adeus a xente que ainda que so sea por costume veila todos os dias...en fin...eche o que hai!! coma dicen nesta terra galega.
Bicos prima Gema, e para Elena tamen, que ainda que non veñas con asiduidade ó puebliño, eu acordome de ti muto, e as raices non sempre se arraigan por pasar moito tempo, arraigan nos primeiros anos, e ti si que pasache tempo de pequena, a si que volve pronto, que hai que regalas.
Bicos para todos
As despedidas sempre son tristes. Pero, precisamente polo triste que nos deixa decirlle adeus a alguen, é polo que a min me gustaría deixar un testamento alegre, para aliviarlles o momento ós que teñan que despedirme. Non é doado o asunto; non hai fórmulas que sirvan para todos os casos. Pero falar da morte con naturalidade xa é un avance.
Bico vai.
Publicar un comentario