martes, 29 de abril de 2008

Lixo somos, lixo deixamos por onde vamos

Non sei se facer unha proposta de lenda para incluír nas bolsas de chasquis, pipas, patacas fritas e demais merdalladas ruxideiras: “Cando ti morras, aínda que vivas cen anos, eu seguirei viva e enfeitando a paisaxe onde me deixes tirada, para que gocen os teus fillos, os teus netos e os teus bisnetos”. Lenda que brindaría libre de dereitos de autor, sen pretender imitar ás que enfeitan os paquetes de tabaco para tratar de asustar a fumadores. No caso de imprimirse algunha vez, o resultado sería probablemente o mesmo. Escaso ou nulo. Coma se dixesen a verdade: “Isto alimenta moito menos que unha mazá pero engorda moito máis ca dous filetes”. Ou así. Camiñe por onde camiñe, un semella estar condenado a encontrar bolsas de plástico, tan abondosas como follas nunha especie de outono permanente. Follas máis perigosas, nada nutritivas para a terra, mais case con vocación de eternidade. Con esa vocación, no é de estrañar que achemos plásticos por todas partes. Tamén en moitos sitios do noso Brumoso. Se cadra Val de cabritos está nestes momentos case virxe, libre de lixo, despois de tantos anos de práctica inaccesibilidade. ¿Seremos capaces de gozar da fervenza e da ola sen deixar alá plásticos, botellas, latas ou papeis de aluminio? Deberiamos ser capaces de cargar co lixo na viaxe de volta, por larga que sexa a viaxe, pero non me sinto optimista sobre isto. Somos repartidores de lixo, e lixo deixamos por onde vamos.

7 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Amigo veciño, ahora que ninguén nos ouve contareite un segredo:Fixeron un camiño que acaba en Valdecabritos, quere decir que os todo-terreno, poden chegar alí. Foderon a "Pedra da Carantoña", non sei que tal estaran as follas deplástico por alí arriba.
No alto do Campo, estando de caza atopeime un Mercedes o lado das ferraduras. O asunto non pinta moi ben.
Haberá que esborrallar algúnha ponteciña.
Aperetas.
P.S. Xa sei linkar.¡Ale!

Xabres da Teixeira dijo...

Quixe decir APERTAS

Javier Lopez Rodríguez dijo...

A miña preocupación ía por aí; xa percorrimos o camiño rompe paredes; xa vin peidorreiras e todoterreos (cunha roda picada, je,je). Por iso temo a próxima visita.
Xabrés, xabrés: ademais de especialista en lincaxes, estasme feito un blogadicto.
A ver canto nos dura a febre (a túa xa é pesistente)
Sau2

Louxeiro dijo...

Teneis que verle el lado positivo a la abundancia de plasticos y demás desechos y es que de ese modo no nos podemos perder, con seguir el rastro de la mierda llegaremos a la civilización sin sobresaltos.
Ahora en serio, el problema que planteais de los nuevos caminos que aparecen por nuestra tierra es que se pueden recorrer con cuaquier vehículo, yo soy más partidario del desbroce sin agredir el trazado tradicional que tenía, y quien quiera recorrerlo que gaste las "chirucas" como el resto de los mortales.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Plenamente de acordo, louxeiro. O desbroce chegaría incluso para poder ir cun tractor por leña a Rebordelo ou ás Pombeiras. Pena da ver como se tiran con certa alegría paredes que resistiran centos de anos.

Nane Nane dijo...

Entre o lixo de plásticos, os "xigantes" de Don Quijote, os asfaltamentos estúpidos e sen sentido acaban co noso puebliño...Eu persoalmente pido dende aquí a todos os que leais a Xavier e o Xabres, e atodos aqueles que falan ou escreben do noso,que nos poñamos en marcha para facer algo, non sei moi ben que, pero algo hai que facer porque acaban co pueblo....a moda do rural está mal entendida, non se pode querer facer dunha aldea unha mini cidade!!
Primeiro escaralleron a preseira, agora os camiños, e os muiños que nos vain por na Cachena...e a semana pasada que fui a Sanci andaba a xente toda preocupada porque os "mandamáis" queren que se pague por a auga de regar...
A min xa so se me pasa por a cabeza recurrir ó Garé, que nos preste a dinamita que ten na casa e automobil que vexa que non esté na estrada,barrenalo..Brincadeiras a parte creo que deberíamos facer algo para que non sigan masacrando a nosa terra, que tamén é deles pero non se dan conta de que están a facer mal...

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Entendo que os que viven no lugar teñen máis dereito ca naide a decidir o que se fai ou non cos cartos dos veciños. Teñen dereito a querer as comodidades dunha cidade. Despois, claro, pasa o que pasa en todos os ámbitos. O único que non se equivoca e aquel que non decide nada. Os que estamos fora supoño que podemos e debemos expresar a nosa opinión, tratar de convencer sobre asuntos máis prioritarios que esfalamendrar lombeiros. Unha prioridade clara que se me ocurre: sacar do pórto de rozas ese vertedeiro sen clausurar e que é unha clara fonte de contaminación.
Nane Nane, se temos muiños na Cachena, o peor non será o rúido que sentiremos sobre as orellas. O peor será que haberá máis diñeiro e que, probablemente, se gastará en obras que non nos farán máis felices.