lunes, 21 de abril de 2008

Mamá, non quero ser artista

De rapaz, eu dicía que de grande quería ser cura... para comer chocolate. Non tiña probas de que os curas comesen moito chocolate, pero algo debía de sospeitar. Despois descubrín que me gustaba escoitar as historias que me contaban os vellos. Máis adiante, comezei a gozar escribindo os contos que me contaban ou as miñas propias historias. Quixen ser artesán das palabras. Acúsome diso. Non digo que o conseguise. Mais nunca pretendín ser artista, aínda que envexo linguaxes universais como as da pintura, a escultura ou a música. Artista, non. Ultimamente, teño aínda máis motivos para fuxir desa nomeada. Se é artista ese tipo que apresa a un can vagabundo ao que ata para que morra pulcramente na sala de exposicións, á vista dos visitantes, para que non poida ir na procura de restos de comida no lixo. Eu non quero ser artista. Se é artista o que expón esculturas feitas con cadáveres. Se tamén merece ese alcume ese outro que pretende converter en estrelas da súa exposición a persoas moribundas ou que acaban de morrer, eu, decididamente, non quero ser artista.

8 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Ledo, abraiado, alporizado, e demais palabros acabados en do, dos que non me recordo, é o que me pasou, cando o amigo louxeiro me pasou o teu blog
Terei que darte a noraboa nestes lares, pois polo que vexo, eres mais novo ca min nestas lerias.
Estás "linkado", e serás esculcado polo miudo.
Un abrazo, veciño.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Xa intentei por dúas veces mandar un comentario ao Xabrés da Teixeira, e non hai maneira. Ademais de máis novo nestas lerias son máis indocumentado. Pero que conste que che sigo, aínda que non aches comentarios.
Como dí un amigo, Sau2.

Xabres da Teixeira dijo...

"Nunca es tarde si la dicha es buena".
Cando sepa por direcions no blog, subirei unha cuantas incluida a túa. Esto da informática xa me colle un chisco desfasado.
Boas noites.

Nane Nane dijo...

Vou interrumpir esta charla sobre carencias informáticas destes dous amigos cradores del "arte de la palabra" coma decía Aristóteles, que como se pode ver non é o mesme que ser artista. Con respecto a reflexión sobre o que é ser un artista, so quería facer un apuntamento se vostede mo permite. Gunther Von Hangens, que é o señor que plastifica cadáveres e fai exposicións, non sei se será un artista, pero o corpo a meu entender si é arte. Esas exposición son un claro reflexo do medo que ten a xente a facerse vella, a morrer o a ser olvidada, porque a maior parte dos cadáveres que se expoin son de xente que dona os seus corpos para eso..
Bicos
Nane Nane

abobriga dijo...

Isto promete, noraboa polo blog e unha aperta cariñosa.
Luís Cividanes.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Tes razón, 2nane: o corpo é arte. Uns corpos máis que outros, aínda que tamén os gordos vistos por Botero. O dos corpos plastificados non forma parte do que me gustaría ver (nin ser), pero á vista está que clientes ten e medios dispostos a axudarlle a vender a "mercadoría", tamén.

Saúde e vida longa.

Louxeiro dijo...

De parte de tu madrina.
Tu eres un artista aunque no lo quieras ser, eres un artista cuando escribes algo que a mi me gusta, cuando plantas un cerezo que al medio año está florido, cuando siegas el prado con la guadaña y sobre todo eres un artista cuando recompones el piquito para dedicarme una sonrisa.
Por favor no dejes de ser artista.
Muchos besos.
Xon

Javier Lopez Rodríguez dijo...

O de plantar algo e ver como aprende e como medra é case o mellor milagro no que non está permitido participar, despois de ter e ver crecer a fillos/as e, no teu caso, netas.
Polo que toca ó pico recomposto, contigo é doado. A xente de sorriso fácil acha facilmente correspondencia. Porque o bo humor é contaxioso. Quen sorrisos planta, sorrisos está chamado a ver medrar arredor del (dela)
Un bico grande, madriña.