As dificultades de escolarización, a escasez de alimento, a fame, o contrabando ou a emigración son algúns dos asuntos tratados no documental, onde tamén hai memoria de fuxidos masacrados na serra xabresa ou recoñecemento para o traballo da muller, inda máis extensivo có do home. En "Vidas na fronteira" hai lembranzas de tempos moi duros que os protagonistas revisitan sen resentimento, con saudade da solidariedade de tempos pasados, mesmo con humor.
Hai un ano, o documental que compareceu na Etnovideográfica22 foi "Cen anos entre tres Reinos", que volveu con Cencerro do Público. Se alí a mirada se centraba en San Ciprián de Hermisende, agora, en "Vidas na fronteira" hai protagonistas de varios lugares de Sanabria e de Braganza (e de Río de Onor e Rihonor), sempre coa raia á vista, sempre coa memoria viva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario