domingo, 14 de julio de 2013
El gran Gatsby, unha descuberta serodia
Un ten que asumir cada día que non pode abarcar todo, que se vai ter que mudar cunha morea de asignaturas pendentes. O que nos axuda ás veces, para manter certa sensación de control e sabedoría, é facernos a ilusión contraria. En cuestión de lecturas, eu pensábame case un especialista na chamada Generación Perdida, logo de gozar e sufrir con case todo Faulkner, case todo Steinbeck, case todo Hemingway. Logo de ler Mientras Agonizo, Santuario, Luz de Agosto, La perla, Las uvas de la ira, De ratones y hombres, Al este del Edén, El viejo y el mar, Tener o no tener ou Por quién doblan las campañas?, logo de sufrir e gozar con outras moitas xoias destes tres grandes autores, despois de saborear tamén os relatos que o seu predecesor, Sherwoord Anderson, deixou en Winesburg, Ohio, pensaba ter cuberto esa etapa con notable alto. Ata que saber da nova versión cinematográfica de El Gran Gatsby, que non tiven desexo de ver, me levou a ler o libro de Scott Fitgerald, o autor da Generación Perdida deslumbrado polo luxo e polas festas dos ricos aínda non preparados para -ou que estaban preparando- a primeira Gran Depresión. A min sempre me chamaron máis a atención as historias dos desgraciados, os heroes de Steinbeck ou Delibes, pero teño que recoñecer que El Gran Gatsby é un fermoso libro digno de lerse, que podería ser un libro de onte criticando aos que nos levaron a esta gran crise gozando dos beneficios da especulación inmobiliaria e financeira. O libro deixame desexo de ver de novo a versión cinematográfica protagonizada por Robert Redford e Mia Farrow, sen ganas de ver a de Di Caprio, pese a saber que ten como Daisy a Carey Mulligan, a protagonista desa maxistral Drive; ou precisamente por iso: non quero ver a esa heroína interpretando á superficial Daisy de Fitgerald. Non quero. Manías dun que vai para vello. De volta os prexuizos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario