Non todos os anos se descubre un gran libro
entre as novidades editoriais. Este ano, será polo 13, hai boa sorte para a literatura española. Unha colleita para recordar. Intemperie, de
Jesús Carrasco, é un deses libros atemporais, eternos, clásicos desde o
primeiro día. Celebro ver que aínda hai editores que cren en libros publicables, modernos, onde non hai
conspiracións cibernéticas nin www.
Concordo cos que tentan sacarlle semellanzas com
Miguel Delibes ou Cormac McCarthy. No futuro, se hai bos libros, se cadra hai que sacarlle comparanza con Carrasco.
Un home (en realidade, dous: un rapaz e un vello), unha paixón
(varias, algunha ben baixa) unha paisaxe. Todo está en Intemperie. Para que a
ninguén se lle ocorra desanimarse, é un libro que vai de menos a máis, que se
cadra tarda en dar as pistas claves para enganchar. Que a ninguén se lle ocorra querer aburrirse antes da metade, con certas páxinas onde se pode ver exceso de gusto
polo detalle, pola descrición, pola palabra precisa para cada faena. O libro
medra a medida que pasamos páxinas, gaña intensidade, acumula emocións, envolve, espanta, conmove.
Libros que hai que visitar? Libros aos que sempre se debe volver? A perla, O vello e o mar, O coronel non ten quen lle escriba, As ratas, A mortaxa, Os santos inocentes, A familia de Pascual Duarte... Intemperie.
2 comentarios:
Mira por dónde, detuveme no comentario acerca desta obra publicado no Circulo de Lectores.
Ahora teño mais pistas. Bicos.
Pois comprobarás que un libro dos que pagan a pena.
Bicos, Lucía
Publicar un comentario