
Son malos tempos, así que convén celebrar todo o que mereza celebración, por mínima que sexa. Celebremos que as nosas aldeas seguen vivas. Brumoso resiste. A Zamora galega mantén as súas aldeas habitadas. Mentres tanto, en Galicia, cada mes do pasado ano quedaron 5 vacías. Galicia ten xa 1.469 aldeas abandonadas e máis de 1.800 están en perigo de desaparición. Nalgúns casos, compranas os ingleses. Na maioría, quedan para que medren as silvas e os sabugueiros. Sen xente, sen fala. Co galego cada vez máis fora dos colexios e da vida, os futuros arqueólogos da lingua sempre poderán visitar as aldeas das Portelas para poñer os restos nunha vitrina, como se fai cos cacharros doutros tempos.
2 comentarios:
Non cho sei amigo. Eu as veces penso que Brumos resistirá e outras que non.
Creo que o peor as aldeas volven os tempos pasados, mais non por vontade dos veciños, senon pola desfeita dese 1 % que vive, e fai morrer para el vivir.
Esperemos que perdure o asunto.
unha aperta.
PS. Eu quiteille o control os comentários, a ver se fais o mesmo.
Seguramente vas ter razón. Pero celebremos o momento e, de momento, as aldeas están vivas.
PS. Se cadra teño que pedirche axuda para quitar os controis e deixar que comenten ata os robots.
Publicar un comentario