lunes, 31 de diciembre de 2012

As silenciadas: Imprescindibles mensaxes longas

Vivimos nun mundo de présas onde as mensaxes teñen que ser super breves, por limitacións dos medios que asumimos como se fosen demostracións daquilo de breve-dúas-veces-bo. Odiamos presentacións con máis de seis imaxes que se suceden lentamente con músicas acaídas. Só queremos mensaxes de tres liñas e só vemos vídeos de menos de tres minutos, porque logo sentimos que estamos a perder o tempo. A próxima aplicación de éxito será aquela que popularice mensaxes de tres palabras. Suxeito, verbo, predicado. Para qué máis. "Estou ben fodido". É un exemplo. Non teño queixa especial. Só acumulo "recorte sobre recorte". Será porque "había onde recortar". A aplicación das tres palabras, Only three words, aínda pode dar moito de si.

Con todo, hai longas mensaxes que merecen ser oídas, lidas e vistas, se cadra máis dunha vez, que merecen unha reflexión. Mensaxes como as de As silenciadas, o documental de Pablo Ces, acollido nun portal ó que me encamiña o amigo David Simón, acostumado a rescatar do silencio todo aquilo que merece ser oído e visto.
As desfeitas doutros tempos teñen máis posibilidades de repetirse se non somos conscientes de que ocorreron e de por qué ocorreron. A miúdo, por nada. Por falta de respecto ó pensamento, ó sentimento do veciño, polas maledicencias dos sementadores de discordias. Deses que abundan tanto en calquera lugar, en calquera momento.
As silenciadas é un documental de 2011 que me pasou desapercibido no seu momento, tal vez pola febre que só salva as mensaxes super breves, smss e demais parentes. Un documental de algo máis dunha hora que non podes deixar de ver aínda que te propoñas velo pouco a pouco para dixerir mellor a súa dureza, para reflexionar de vagar sobre o salvavismo que a especie humana leva dentro.
Un documental con historias como a de Consuelo Rodríguez López, Chelo, nacida nunha familia numerosa esnaquizada pola barbarie que seguiu á guerra civil española na provincia de Ourense. Chelo perdeu ós pais cando era nena. Foron asasinados por teren fillos fuxidos, catro irmáns que tamén perdeu, como perdeu ó seu compañeiro, antes de poder refuxiarse en Francia; a súa é unha historia que non debe esquecerse nunca para tratar de que non se repita. Chelo viviu para contala e nunca máis debe quedar silenciada a historia da súa familia, a de ningunha das familias represaliadas por defender o estado de dereicho fronte á un golpe de estado, por defender as súas propias ideas fronte ás ideas que viñan impostas pola forza da violencia e das armas.
Sería máis comprensible o seu silencio de entón que o noso de agora cando oímos ou lemos mensaxes que apostan pola chegada dun militar que resolvería, dun día para outro, a crise económica e política que temos enriba; mensaxes breves pero aterradores, que poñen de manifesto a crise de valores que tamén nos acompaña.
Se cadra os nosos país vivieron e nós nacimos porque Brumoso foi unha zona máis afortunada co corazón de Ourense, un sitio onde era posible optar polo silencio que aconsellaban as circunstancias familares de cada quen. As circunstancias das nosas vidas non deben impedir agora o noso recoñecemento, a nosa admiración para persoas como as protagonistas de As silenciadas.
Que o novo ano nos axude a non silenciar nada que mereza ser contado.

5 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Eu tamén vira o documental. Fiquei bastante triste e algo abraiado coa forza da Chelo.
Ter esa vida e chegr a contalo foi case unha milagre.
Eu tamén creo que a istória hai que coñecela, ainda que non sexa mais que pra non repetila.
¡E un problema publicar no teu blog, case sempre me fai repetir a contraseña unha chea de veces.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...


A min deixoume pampo o documental, que toma máis credibilidade ao recoller o caso do tipo que mata a unha veciña que o denuncia por cazar aguiluchos; un crime bárbaro pero non "de estado", como foron todos os demais que nos relatan. Un documento moi bo.

Co de publicar, pásame o mesmo co teu blog. Nunca acerto á primeira os números e letras para demostrar que non son un robot: vai ser que ando camiño de selo.

Javier Lopez Rodríguez dijo...


A min deixoume pampo o documental, que toma máis credibilidade ao recoller o caso do tipo que mata a unha veciña que o denuncia por cazar aguiluchos; un crime bárbaro pero non "de estado", como foron todos os demais que nos relatan. Un documento moi bo.

Co de publicar, pásame o mesmo co teu blog. Nunca acerto á primeira os números e letras para demostrar que non son un robot: vai ser que ando camiño de selo.

Arim dijo...

Hola Javier, muy lindo tu blog. Soy sobrina nieta de Chelo, mi abuelo Alfonso era su hermano mellizo. Mi madre vino a Buenos Aires en 1967 y aqui estamos descubriendo de a poco muchas cosas.

Javier López Rodríguez dijo...

Lamento no haber visto tu comentario hace tiempo. Tengo el blog bastante abandonado.
Un cariñoso abrazo. Y el deseo de que no tengamos que revivir historias como la de tu tía abuela.