lunes, 3 de octubre de 2011

A nosa terra é menos nosa

Coa desaparición do diario dixital A Nosa Terra, que segue á desaparición do semanario, estamos un pouco máis orfos de información en Galego. Nos medios en galego, a crise e máis crise, do mesmo xeito que no can fraco todo son pulgas. Quedamos sen medios de comunicación en galego, se quitamos a revista mensual Tempos Novos. Galicia hoxe, Xornal de Galicia, Vieiros, A Nosa Terra. Non creo que sexa culpa do Goberno. É culpa da crise, que semella querer deixar só terra queimada, e da falta de lectores comprometidos, dispostos a gastar nun xornal en galego o que gastan nun refresco. Así son as cousas. Hoxe, a nosa terra e menos nosa e a nosa lingua avanza un paso máis cara a unha desaparición que semella inevitable. Iso xa non é só culpa da crise e da falta de lectores.

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Veciño e nembargantes amigo: ¿qué queres que te diga?.
Poderia nombrar aiquí un feixe de cousas mais prescindibles que a cultura. Teño medo a ser un inculto nesta sociedade actual que mide as cousa con parámetros distintos.
Por exemplo, ser unha cousa, ter un comportamento, mais predicar o contrário.
Non sei se recordas aquelo que pola nosa bisbarra se decía dun crego portugués, criticado polos feligreses: ORA VOÇES FAGAN O QUE EU DIGO, MAIS NON O QUE EU FAÇO.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Esa é unha máxima que debemos recordar todos os que somos pais, ou nunca lla soltaches ao teu mozo? Eu, ás miñas, sí. Ser consecuente nunca é doado. A teoría é unha cousa, pero a práctica...