sábado, 22 de octubre de 2011

Necesitamos un Robin Hood!!

Estaba querendo crer que estabamos aprendendo a lección da crise, que tiñamos mesmo propósito de enmenda.
De momento, cumprimos a penitencia.
Do outro, a saber cando.
Os orzamentos das administracións públicas son máis restritivos, por imperativo superior. Eu querería crer que se recorta máis no accesorio e menos alí onde non debería recortarse nada. Pero dubido firmemente. Porque aínda se manteñen pluses para ex altos cargos, pluses que eran discutibles nunha etapa de supostas vacas gordas pero que resultan infumables nestas circunstancias; algunhas comunidades, como Extremadura, xa os eliminaron. Por aquí, aínda non. Os políticos teñen propósito de enmenda? A costa de recortar sobre o recortado. Sobre os salarios dos funcionarios, seguro. As pagas extra, como en Portugal, se cadra.
E o asunto das caixas de aforros? Demostrado que a xestión era -salvo mínimas excepcións- nefasta e despilfarradora, toma alá reestruturación con fondos públicos que non hai para empresarios que necesitan circulante para manter a actividade e o nivel de emprego. Cambian os equipos directivos, qué menos, pero sobresáltanos saber que os que se van fano forrados de millóns, con primas e blindaxes que serán legais (ata o Supremo os avala) pero son manifestamente ilexítimos. Vergonza dá ver que quen non soubo xestionar e perdeu os cartos de todos se retire como millonario cos cartos de todos que aínda non se esfumaran.
De cara ao futuro, ademáis de boas soldadas e -a bo seguro- novas blindaxes, os novos rectores das caixas de aforros xa teñen a solución para saír do furancho: conxelar durante dous anos os salarios dos traballadores e cobrar máis comisións aos que non nos atrevamos a fabricar a nosa caixa particular na casa.
Quén quere, quen cre, a estas alturas, propósitos de enmenda?
Como ben di alguén que eu me sei, necesitamos un Robin Hood!!

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Apùntome o de Robin Hood.A min personalmente as caixas traenma frouxa.Sempre me cheireron a amiguismo raro. Oa bancos polo menos son S.A.,ainda que cando teñen problemas recurrea a "Juan Pueblo".
No estaría de mais ter unha caixa debaixo da cama, ainda que fose de zapatos.Crearianse postos de traballo, para todalas empresas que nos teñen que cobrar, mais, ¡non caerá esa breba!.
Unha aperta.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Juan Pueblo debería retorcerlles os cataplines, pero para eso aínda teñen que indignarnos un poco máis. Pero non moito.
Saúdos