Cando os indicadores son sempre negativos, as autoridades encargadas de contar miserias deberían deixar as estatísticas mensuais, con avances por quincenas, e contentarse con tomar o pulso da triste realidade cada tres meses ou máis. Para que mortificarse comprobando que o crecemento aínda non chega, que descende a confianza dos empresarios e a dos consumidores, que non se venden os pisos da burbulla, que medran os ERE, que hai máis peches de empresas e, por suposto, que medra o paro.
Unha das estatísticas que nos queren vender como unha traxedia e a que pon de manifesto o constante descenso de vendas dos coches. Botánnos os datos á cara coma se nos chamasen irresponsables por non correr a cambiar de carro. Seica é unha traxedia que se vendan este ano 40.000 coches menos que en 2007, cun descenso de casi o 38% sobre o pasado ano. Que se vendan a prezos de hai dez anos e nin así repunten as vendas. Os vendedores, por suposto, son capaces de salientar o avellentamento do parque, os riscos que iso supón para a seguridade viaria. Se non é por presumir, que se vendan coches por patriotismo e saúde pública. Alertan de que o ano que ven poderían ter máis de dez anos 40 de cada cen coches que anden polas estradas. Que traxedia! Por qué nos obrigan a pasar a ITV se non é para garantir que os nosos vellos coches son seguros e merecen seguir vivindo? Segundo os datos da mesma asociación de fabricantes de coches, hai dous anos estabamos entre os europeos cun parque móvil máis mozo. Só no Reino Unido, Bélxica e Francia había porcentaxes inferiores de coches de máis de dez anos. España, da man de Alemaña, como os potentados, deixando que houbese maior proporción de coches de máis de 10 anos en Austria, en Dinamarca, Italia, Suecia ou Finlandia. E en Grecia e Portugal, por suposto.
E logo ninguén lembra como doe un rabuñon nun coche novo? A tranquilidade ben vale aturar co coche vello mentres furrule. E logo non queremos ser conscientes do que podemos aforrar en accesorios e lavatorios?
Por qué será que non existe crise nas vendas dos coches de luxo?
Por que será que subiron máis dun 148% en setembro, máis dun 114% no que vai de ano?
Será porque os ricos xa albiscan a saída da crise e xa o están a celebrar?
Que crise?, seica dixeron cando lles preguntaron.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¡Deixaos que se fodan! Eu so cambiarei??, de carro cando o que teño deixe de alentar.
Temos que decirles que para ir a Porteliña, imos camiñando, que non polucionamos, e que aforramos cartos para axudar os pobres banqueiros.
Só espero que non volvan sacar programas de ayudas para que a xente se anime a mercar coche cando non o precisa.
Publicar un comentario