lunes, 26 de septiembre de 2011

Unha gozosa descuberta serodia: El bosque perdido de Emilio Gavilanes

A medida que un vai sumando anos pode escoller dous camiños: ou ben irse facendo cada vez máis sabio, desde a humildade de quen sabe que sempre queda moito por saber, ou caer na tentación de crer que xa sabe case todo o que hai que saber e correr o risco de esnafrarse contra a realidade, coma un burro vello.
Despois de tanto ler durante medio século, cheguei a pensar que xa non se me escapaba ningún grande escritor por catar. Era consciente de que non lera todos os libros que merecen ser lidos, pero tiña a impresión de que non me quedaba ningún grande autor por descubrir, aínda que fose a través das reseñas ou das críticas bibliográficas. Ata que o azar me levou a coñecer a Emilio Gavilanes. Ata que tiven a sorte de ouvirlle ler dous excelentes relatos, a carón do castelo de Puebla de Sanabria, nunha fría medianoite máxica do pasado mes de agosto. Ata que descubrín despois, páxina a páxina, o universo de La Carballa que recolle o seu libro El bosque perdido, publicado no ano 2000. Un libro onde conviven en perfecta armonía as historias máxicas coas tráxicas, onde os fiadeiros dos mellores contos son as tabernas dese lugar mítico que seica hai que situar na Carballeda xabresa, aínda que, por momentos un se sinta en Macondo ou en Comala. As esporádicas referencias á guerra fan que nos saibamos en España e algunhas expresións tamén nos poden lembrar ás historias de Delibes. Para min, desde agora, Gavilanes ocupará un sitio preferente entre os meus escritores preferidos. Lobos e tesouros escondidos, amores e xenreiras, tremendismo e poesía, todo ben cribado nesta colección de fermosos relatos que acaban compoñendo unha gran novela ou, se se prefire, a biblia de La Carballa..

3 comentarios:

Álex dijo...

Hola Javier!
Coincidimos en la opinión de este libro en concreto, que cnservo firmado, aunque el que me fascinó, fue el relato que leyó durante la noche de verano dedicada a la lectura, en Puebla. El relato del abuelo que espero encontrar algún día para leerlo con más atención.
Celebro haber encontrado este blog!! Nos vemos por aquí.

Diana

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Seguro que podremos ver publicado ese relato en un futuro cercano. Yo sigo en contacto con el autor y leyéndole otros libros, que también me están gustando. Puedes localizar dos de ellos en la página Ediciones de la Discreta.
Un saludo, Diana. (Tanta castaña, aínda non vira o teu comentario)

Álex dijo...

Non te preocupes, en este tempo estareis ocupados y cansados non? Castañas, mutas non hai non? Este tempo non as deixa crecer... Esperemos que pro ano teñamos un tempo que deixe crecer, coller i vender ben as castañas do noso lugar. (perdona o meu galego, non sei outro ia non escribi nunca ningún)