martes, 6 de septiembre de 2011

Aldeas abandonadas

Foto Xabrés da Teixeira

Se Galicia ten máis da metade dos núcleos de poboación de España, semella lóxico que deba acoller tamén máis da metade das aldeas abandonadas. Máis de 1.400 aldeas galegas sen ningún morador, e outras máis de 800 cun só habitante.
Á vista dunha aldea abandonada, un non pode deixar de pensar nas persoas que lle deron vida noutros tempos. Teñen saudade esas portas e ventás, sen ninguén que as use? As rúas en desuso, botan en falta pés que as pisen?
Máis dramático resulta pensar nesas máis de oitocentas aldeas onde mora unha soa persoa. Case un milleiro de homes e mulleres condenados a falar sos ou cos gatos e cans que lles fagan compaña. Sen contar as de un só morador, hoxe son moitas as aldeas onde hai máis cans e gatos que persoas. Con todo, o que transmite máis tristura, polo menos a min, é o autismo con que comportan moitos dos que pasan o verán nas súas aldeas, seguramente obrigados pola crise, pola necesidade ou polos vellos que desexan volver para despedirse do lugar onde naceron. Netos ou fillos dos que naceron e viviron e, seguramente, non morrerán neses territorios, pasan tristes días de vacacións en aldeas. Os menos novos practican o peche de ollos porque prefiren non mirar para o que foi a súa vida, non queren lembrar os traballos que marcaron as súas mocidades. Prefiren afastar os malos recordos mirando para outro lado e néganse a cortar unhas silvas ou unhas xestas da súa leira porque saben que volverán medrar ao pouco tempo. Os máis novos, mentres tanto, son autistas plenos porque viaxan cos seus aparellos electrónicos; se existe un local público con wifi son capaces de pecharse horas e horas, durante días e días, coas persianas baixadas para que a intensa luz da aldea non produza reflexos na pantalla do ordenador. Hai dez anos, os mozos e mozas aproveitaban as vacacións para explorar vellos camiños; ás veces perdíanse e había que ir buscalos, xa de noite. Hoxe, a vente nova está perdida todos os días, a todas horas, e os país non sabemos qué facer para conseguir que se encontren. As estatísticas non din a verdade.
Se as aldeas fosen as consultadas polos entrevistadores, sería moito máis elevado ó número de aldeas abandonadas.

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Estaria ben que a xoldra volvera a porta da tia Enginia, e con ela as maneiras de parolear calmas e adoutrinadoras dos rapaces polos vellos.
Apertas dende a capital do reino.Aiqui,como dice Reixa, fai un sol de carallo

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Vigo vaise anoxar contigo, rapaz.
Supoño que dos corros doutros tempos sacábase en limpo máis ca da rede; ou non, como diría o que se nos ben enriba.