domingo, 6 de marzo de 2011

Reféns ou escravos?

Todos somos, nalgún momento, reféns. Dos nosos prexuízos ou dos nosos intereses; das nosas débedas, das nosas dúbidas ou das nosas obrigas. Os gobernos son reféns dos mercados, entes amorfos pero desde logo monstruosos. Os cidadáns somos reféns dos mercados, dos gobernos e de nós propios, por aceptarmos de forma dócil rebaixas de soldos e servizos públicos, aumentos de abrigas e impostos... para salvar os mercados. Hai mobilizacións en defensa da lingua ou da sanidade pública pero sen a dimensión nin a repercusión que deberían ter. É como se vivísemos nunha sociedade anestesiada, coma se esas mobilizacións fosen ecos inocuos das manifestacións doutros tempos onde se percibía que servían para cambiar as cousas. Talvez sexamos, sobre todo, reféns de nós propios.

Foi Mark Twain quen dixo que a fame é a asistenta do xenio. Hai outras sentenzas máis nosas que reman na mesma liña, crenzas de que só nos momentos difíciles damos o mellor de nós. Ou iso é mentira ou non é certo que esteamos atravesando unha grave crise. Porque semella que andamos adormecidos, sen merecer nada mellor ca o que temos, ser reféns. Dicía o noso avó Constantino que a peor portela está na porta da propia casa; talvez sexa un bo momento para comezar a liberarnos e cruzala. Porque non podemos, porque non debemos ser reféns a tempo completo. Porque, daquela, seriamos escravos por propia escolla.

4 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Coido que nin reens nin escravos. Esto último solo dos nosos erros.
No outro eido, creo que somos marionetas, que nos mangonean com queren, e se openso ben, os mesmos que nos mangonean, tamén acaban mangoneados, incluivamente(Dario dixit)por eles mesmo ou as suas obras
Unha aperta

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Se cadra estamos algo graúdos para facer unha revolución, pero nunca é tarde para indignarse, cabrearse e alporizarse. Para procurar ser algo menos monicreques. Na próxima entrada, recomendarei unha lectura nesa liña. Un manifesto en favor da indignación.

Carmen1944 dijo...

Amigos meus, eu coido que tedes razon, mais a miña ideia e que a nosas vidas son moi curtas pra solucionar isto. A nosas vontades deben volcarse ó nosas obrigas, nosa xentiña, a familia, que non e pouco. Mais iso non quere dicir que nosas opinions queden no vacio. Sempre os poderosos e los politicos, estan atentos a elas de seguro, e asi, paseniñamente ven los cambios. Un saudo .

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Ti tamén tes razón; non podemos esquecer o que temos máis cerca coa ilusión de querer arreglar o mundo. O primeiro, a familia, e gozar do día a día.
Saúdos