domingo, 20 de febrero de 2011

O que queda é a emoción

Hai quen non entende a literatura se non é en clave de espectáculo. Din que ten que sorprender, non sei se como os saltimbanquis do circo. Moitos lectores están de acordo e compran as sorprendentes e a miúdo inverosímiles historias dos best sellers. A min sempre me pareceu que a capacidade de emocionar é o fundamental, que se a historia non nos emociona non deixará pegada, esquecerémola en canto se esvaezan as luces dos foguetes. Emoción en sentido amplo. Emoción é alegría e tristura. Gozo e noxo. Medo. Inquedanza. Máis.Emoción elemental é o que hai en Lo que queda de nosotros, de Michael Kimball. Unha historia que xira arredor de dous únicos personaxes ou, máis ben tres: unha parella de vellos que apuran o seu tempo e a morte que os rolda. Que no tempo dos grandes tochos con sorprendentes historias pirotécnicas se publiquen historias sinxelas como esta fai que eu aínda teña fe no futuro da literatura, sexa cal sexa o soporte.

5 comentarios:

Gabi dijo...

Moi xustas, acertadas e bonitas palabras. Estou aquí porque me sorprendeu non ver comentarios nesta entrada, e tiña que dicir que te dou a razón en todo; recoñecendo que teño lido algúns best-sellers, pero onde atopei sempre máis significado foi nesas outras historias, as máis pequeñas, as máis curiosas, as que dan máis sentido a todo.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Que sorpresa, che! Benvida a Brumoso. Benvida serás sempre que queiras, aínda que sexa para levar a contra.
Bicos

Gabi dijo...

Xa o tiña visitado, pero sen deixar probas do delito! Pero sempre apetece volver, e máis estando nestes lares tan afastados... Bicos, apertas, e gracias pola benvida!



E xa te pedirei prestado o libro!

Gabi dijo...

Acabeino hoxe... emocionáronme tódalas páxinas, e fixéronme chorar case todas. Sen desperdicio.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Cando se escribe con corazón, toca o corazón. Celebro que che gustase. Chorar tamén está ben, ás veces.