domingo, 19 de septiembre de 2010
A Cidade da Cultura furtaralle á Catedral de Santiago e ao Apostol o favor dos peregrinos?
Algún día as peregrinacións a Santiago terán por destino prioritario a Cidade da Cultura deseñada por Eisenman, deixando a catedral e o apóstol Santiago relegados a asuntos de sobremesa? Algunha vez, digo, cando o máis destacado non sexan as grúas? Cando as visitas se poidan facer sobrevoando o Gaiás a baixa altura, non desde o chan, non desde ningún teleférico?Peter Eisenman semella contento de saber que este ano se inaugurarán dous edificios. Nunha entrevista publicada en El País conta algunhas cousas que sorprenden e outras que non. Os soños de grandeza de quen mandou botar a andar o proxecto, non sorprenden nada. As razóns da devoción do arquitecto polos gobernos conservadores, si, un chisco. Confesa que os prefire porque lles preocupan menos os consensos, porque están máis dispostos a correr riscos, porque non se sinten obrigados a xustificarse diante dos cidadáns. Non hai como sentirse por riba de todo e de todos. Non hai como os gobernos conservadores para que os arquitectos, os modernos deuses, poidan gozar da liberdade dos paxaros e da discrecionalidade dos reis do antiguo réxime.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
E mellor chamarle ás cousas polo seu verdadeiro nome, ese ciudadano gustanle os dictadores.
Está claro que él cobrou, agora o asunto está en quen pagará o resto, e esto con ser importante no é o mais, ¿Quen vai pagar o mantemento?. Teño entendido que xa é un ril.
Se dependera de min faríalo pagar a quen o mandou facer, mais teño un pequeno problema, ¿Por qué os governos que foron despois, non dixeron nin fixeron ren?.
¿Que hai agochado ahí?
Un pozo sen fondo, non?. Polo de agora, ningún goberno se sentiu capaz de mandar parar, de privatizar?, de dicir, xa abonda, imos dedicar os poucos cartos disponibles a outras necesidades.
Publicar un comentario