sábado, 27 de febrero de 2010

Cocorota e outras pitas con desigual fortuna

Acabo de recibir con sorpresa e alegría exemplares de quinta edición do meu libro "Cocorota e compañía", a versión castelá que fixen de "Catro pitas". Dez anos despois da súa publicación inicial, o orixinal en galego está descatalogado porque nunca funcionou demasiado ben e había que deixar sitio para outros. Non pasou da primeira edición. Pola contra, a tradución que fixen ao castelán vai pola quinta en Edebé, está publicada en Venezuela por unha filial do propio grupo e en Estados Unidos pola editorial de Boston Houghton Mifflin (2003). Ata existe unha versión en braille, cousa que non sabía ata que o dios Google mo revelou hai un días. Unha desas agradables sorpresas que un recibe no medio de tantos sustos.

Cocorota, Coqueta, Careta e Cora teñen os mesmos nomes, pero a súa aventura tivo pouca sorte na lingua orixinal, en galego, e ten sen embargo, novas oportunidades en castelán, nas librerías e nas bibliotecas de Galicia, resto de España e América. Misterios da vida e dos mercados literarios.

6 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Parabens, amigo.
Desde fai un tempo teño a idea de "criticarte" o último libro teu que lin: LIXO.
Espero facelo pronto, no meu blog, e ser imparcial o facelo.
Como adianto pódote decir que me gustou. Agora estao lendo o meu fillo, a ver si coincide conmigo.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Non hai que ser imparcial nesas cousas. So hai que expresar a impresión (boa ou mala ou regular) que teña causado. A crítica é libre e eu terei que aceptala, tanto se me gusta coma se non. Como non escarmento nin coas malas críticas, en poucas semanas estarei facendo autobombo dun novo título: "Hai que ir morrendo".

Xabres da Teixeira dijo...

Tentarei ser o mais parcial posible (é coña).
Cando se coñece o autor é dificil ser imparcial.ainda que se tente.Se te cae ben eres proclive a loubanza, claro que se te cae mal, o mais seguro e mellor é calarse.(Falarei).
O nome da nova entrega deberia ser meu, pois é algo que repito moito. Non che cobrarei Dereitos de Autor, ainda que procura que non se entere a ESGAE.
Apèrtas

alondra dijo...

¡Unha aperta para a Cocorota e o seu creador!

Javier Lopez Rodríguez dijo...

A chispa, ben me acordo, foi da túa mai. Ela foi a que expresou a sú pena polas coitadas das pitas, sempre empeñadas en encher o niadeiro e sempre sen conseguilo. De aí partiu a aventura.

Amable González dijo...

Interesante como comenzó la historia de Cocorota.
Espero tener en mis manos el libro para así tambien poder disfrutar de sus aventuras.
Enhorabuena por esa otra aventura que es la edición y sus múltiples avatares.
Salud