domingo, 18 de octubre de 2009
Queremos galego?
Se asistimos á manifestación, semella que sí, que somos moitos os que queremos máis galego. Os cincuenta mil que di a policía local ou os cen mil que apuntan os organizadores? Tanto ten. Moitos. Vellos e mozos, cativos que berran a prol da lingua do país, mulleres e homes de todas as trazas. Se os que fan a crónica son partidarios do bilingüismo gastronómico ou doutro bilingüismo calquera, o seu resumo quedaría simplificado e retorcido: "Eran os catro bloqueiros de sempre". Sen a capacidade mobilizadora das organizacións nacionalistas é probable que unha manifestación como esta tivese menos bandeiras, se cadra tamén menos xente. Persoalmente, creo que unha boa forma de traballar pola lingua sería esquecer, en días coma hoxe, todo o que non sexa o lema da manifestación, "queremos galego", neste caso. Moitas persoas e ningunha bandeira de partido para evitar os intentos de deslixitimación, que sempre hai. Máis ocasións haberá para a reivindicación absolutamente apolítica. Porque a lingua galega seguirá a ser ese patrimonio en perigo de extinción que conta con pouca, moi pouca protección.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Amiguiño, penso que, ainda a pesares de nós todos, a lingua dun pobo é tan forte, é está anraizada nas nosas aldeas, que ainda que algúns fillos de aldea non o queiran, a fala que nos une e pola que nos entendemos e pensamos, a pesar de todo sairá adiante, como xa o fixo en tempos peores.
Coido que os politicos, como en todo, erran, con erros de bulto, é, ó peor, intencionados.
Publicar un comentario