sábado, 17 de octubre de 2009
A historia do Cacaborro e da Cegada
Temos novo libro, outra vez ilustrado por Antón Taboada, como "Lixo". Este "Cacaborro" non é un libro de cocomelos para o tempo dos cocomelos. É unha historia de amizade interxeneracional levada ó extremo. A amizade dun rapaz, Álvaro, cun vello ó que todo o lugar aplica a nomeada de Cacaborro, como chamamos en Brumoso ás setas pior encaradas e presumiblemente goxentas. Un vello marxinado e malquerido ó que lle botan as culpas de todos os males e desgrazas. Un vello que ten no rapaz o seu único confidente, un amigo secreto ó que lle pedirá un favor dificil de cumprir e, sobre todo, difícil de esquecer. Esta é unha historia que me ven acompañando desde hai moito tempo e que recolle, máis ou menos transformadas, moitas das historias que escoitei de rapaz, algunhas que quitei porque non me cabía todo e outras que conseguín inventar, como a da Cegada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Parabens!
Coido que me vas arruinar!.
Unha aperta.
Queres dicir a vista? Pero se todo o que escribo é breve! Ti es dos que se queixan de vicio, non si?
Dende as Terras das Frieiras seguimos con interese hai anos os teus relatos e novelas, tamén as novas dende Brumoso.
Noraboa.
D.Simón
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/
Celebro a túa visita, David. Gustoume saber que lle botas unha ollada a Brumoso de cando en vez. Acabo de visitar o diario dun medio de guardia e quedei gratamente sorprendido. Creo que lle botas maís traballo ca min. Vouche sumar ós sitios onde vou. Tamén me gustou ver a túa referencia " O aliado inesperado" e a "Un hombre afortunado". Desde que lle lin "Puerca tierra" teñolle moita estima a John Berger, e o libro do médico rural impresionoume de verás. Un agarimoso saúdo.
Publicar un comentario