sábado, 15 de agosto de 2009

Feísmo sacrílego?

En Brumoso tamén hai feísmo. O antigo vertedoiro, intelixentemente situado nunha encrucillada de augas como é o Porto de Rozas, para que a contaminación baixe de seguida polo cavoco do Salgueiro e o Litro ata o pozo do Forno, leva tempo clausurado. As silvas, o musgo e os amieiros, todos eles con máis vergonza cós humanos, case lograron a milagre de camuflar esta desfeita aínda por desfacer. Case non se ve a vergonza pública. Mais, polo visto, de cando en vez segue a ser usado.
Supoño que motivado por conviccións relixiosas non demasiado fortes, alguén en Brumoso se negou a botar vellos santos ó contedor do lixo e decidiu levalos ó antigo vertedoiro de Rozas. Outro alguén, supoño que tamén movido por ambiguos sentimentos relixiosos (de intensidade non suficiente para rescatar os achádegos e levalos para a súa casa), sacou unha imaxe da Sagrada Familia e colocouna sobre o muro de bloques do antigo vertedoiro. E alí está. Non me consta que o lugar estea incluído entre os lugares de interese turístico da comarca, pero todo se andará.

5 comentarios:

abobriga dijo...

Impactante imaxe, dirían na television. Por certo, intentei meterme a Hermisende e Lubián para parar a comer na volta dunha viaxe, pero a "señora" non me deixou, a ver se na seguinte...

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Pois outra vez será. Sempre serás benvido en Brumoso.

Xabres da Teixeira dijo...

Eu tamén tiven nas mans esa Sagrada Familia. Foi cando subin a ver onde liscaba a auga das Pombeiras. Tiña idea de levala pra casa pra repintalos, mais o fin esquecinme.
¡Sea vostede santo para acabar nun vertedoiro de lixo.!
Valanos Deus.

Louxeiro dijo...

La imagen ya ha sido rescatada, se encuentra reubicada en una buraca del patio del patio de Francisca, con un poco de maña Trefi ha hecho un altarcillo agarimoso

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Final feliz, entón?