martes, 23 de junio de 2009

Eivados

As estradas e a falta de seguridade laboral son algunhas das razóns que hai detrás de moitas persoas con discapacidade física. Entre elas está agora Franns Rilles, o mozo boliviano que traballaba sen contrato, malia ser o mellor panadeiro do empresario que lle daba un salario miserento por amasar 12 horas diarias. Era o seu mellor operario por iso, porque se vía na obriga de traballar moito, sen garantías de seguridade sanitaria nin laboral. Seguramente era feliz porque non se atrevía a pensar que estaba a ser explotado. Ata que lle caeu un papel na amasadora en marcha e quixo recuperalo. Podería ser a dirección dun empresario que lle ofrecera melloras laborais, ou unha carta da familia. Talvez era un papel sen importancia que quixo rescatar por medo a estragar unha fornada que lle poderían restar da súa soldada. Se non chega a saberse o de Rilles, o panadeiro tería algún cargo de conciencia? Volvería darlle traballo ao seu mellor panadeiro? Coa metade de soldo? Hai 40 anos, nos lugariños da raia tiñan traballo temporal abondosas cuadrillas de seitureiros procedentes de Portugal. Ben mantidos, pero con soldada pequena e ningún seguro. Cunha fouce, non cabía segar brazos. Algunha cabeza de dedo si quedou polas leiras. Se había algunha muller de fondas crenzas, o anaco acabaría enterrado no cemiterio. O ferido sería curado e coidado coma se fose da casa. O progreso encheu as cidades de sitios para desfacerse do lixo e nel acaban, enteiros, fillos non desexados ou membros perdidos en accidente laboral sen cobertura legal. Os modernos patróns deixaron o ferido Rilles lonxe do médico. Tiñan présa por tirar o brazo ó contedor e limpar os restos do sangue na máquina de amasar. Eivados.

Publicado en A Nosa Terra, nº 1.364

4 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

¡Mais voçe ten raçom! coma sempre.
Coido que alguns de nos equivóquemonos de secúlo ó nacer.
A Min iriame ben a idade media, ¡seguro!.
Oes, xa debe haber zreixas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Hai que ir catalas, con permiso dos páxaros. A ver se esta fin de semana

Xabres da Teixeira dijo...

Yo vengo de un brumoso país lejano
regido por un viejo monarca triste...
Mi numen sólo busca lo que es arcano,
mi numen sólo adora lo que no existe;


tú lloras por un sueño que está lejano,
tú aguardas un cariño que ya no existe,
se pierden tus pupilas en el arcano
como dos alas negras, y estás muy triste.


Eres mía: nacimos de un mismo arcano
y vamos, desdeñosos de cuanto existe,
en pos de ese brumoso país lejano,
regido por un viejo monarca triste...

Deixote un poema de Amado Nervo, que atopei de casualidade, e gustoume.
Cando me "furrule" de novo o meu blog, tamén o calgarei.

Xabres da Teixeira dijo...

Pásote a nova dirección donde depoña as miñas chorradas.

http://xabresdateixeira.blogspot.com/