lunes, 30 de marzo de 2009
Os abrazos rotos do oso amoroso
Non son só os cardos os condenados a secarse en soidade. Tamén os seres máis agarimosos e suaves poden acabar por ser abandonados, coma se fosen lixo. Como este oso, que semella non ser capaz de crer o que lle tiña reservado o destino. Cantas caricias recibiría? Cantos abrazos lle darían ao longo da súa vida? Non abondou. As persoas vellas acaban a miúdo soas, ata que o cheiro alerta ós veciños, ou aparcadas en asilos, pero os osos tampouco corren mellor sorte. En plena crise, cando o máis indicado sería bañarse con el -porque non cabería en calquera lavadora- para darlle unha segunda vida, o oso da imaxe acabou na rúa, agardando polo camión da basura. Unha mostra máis da falta de gratitude dos humanos, coma se iso precisase demostración. Unha vez máis, abrazos rotos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Aproveito para decir que este "finde" fun a ver Los abrazos rotos, de Almodovar.
E a primeira vez que vexo unha peli deste director. Teño que decir que él personalmente caeme ben, pero o seu cine non, sobre todo polos tema que relata, neste caso non variou a miña percepción, ainda que recoñezo unha boa tecnica e demais.
O osiño, creo que é mellor.
A min gustoume todo sobre mi madre e teño gana de ver "Volver". Esta non me chama especialmente, polo que levo lido e escoitado. Dasme envexa con tanta producción en Xabresdateixeira. Eu estou máis cerca de pechar a ventana ca de actualizar unha vez por semana. Nin moito tempo nin moitas ganas.
Como non hai que pagar por tela aberta, igual sigue.
¡NIN SE TE OCORRA, PECHAR! Cando eu fixen a famosa "mili", deciamos que marcha atrás, nin pra coller impulso.
Que non te de envexa nada meu, que non paga a pena. Paridas soltanse, caseque sen pensalo, é o que fago eu.
Apertas.
Publicar un comentario