viernes, 27 de febrero de 2009
Economía de aforro: pecho e aldraba nunha mesma peza
Eu non teño -como 365- un día vago. Eu teño un día vago case cada día, case 365 días vagos por ano. Por iso pasan tantos días sen actualizar esta páxina. Vai agora, por escribir menos, esta entrada con foto exemplo doutros tempos de vacas fracas e economías aforradoras. As portas acostumaban ter aldraba e pecho, ou carabillo, se eran de casa e non de corte. Neste caso, a aldraba está na mesma peza que o pecho. Poderiamos dicir que é un pecho con nariz.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Deberias enseñar por estes lares, o amadeirado da pallarega dos Bernaldois, que vimos o outro día.
Creo que como mostra da arquitectura rural e aproveitamento no ten desperdicio.
Gustouche a columna, eh? Pois ben sabes que temos outra semellante (non redonda, pero máis alta)no curral. Éranche moi "arquitectos" os meus devanceiros. Eu xa me quedei facendo, como moito, columnas para xornais.
Publicar un comentario