Pór o mundo por monteira ven querer decir que se opta por non pararse no que opinen os demais á hora de emprender algo arriesgado, grande, tremendo. Ser emprendedor, cun toque de aventura, sen que nos importe que alguén diga: "Estás tolo". É decir, enfrontarse ao mundo como un pensa que debe facer. Iso si, se vai moita calor, sempre convén ir a esa guerra cuberto con gorra ou con chapeu. De volta, onde deixar a monteira? Por iba do mundo.
Esta non é unha fotografía preparada. Ese é o uso que se lle da ó mundo na casa dos Bichos, é o sombreireiro, a percha de gorras e chapeus. As veces, a monteira do mundo é unha gorra de viseira. As veces, o mundo mesmo está descuberto. En calquera caso, Australia non o leva ben; non está a gusto na nosa casa; semella estar sempre algo anoxada, pero non ten máis remedio que aturar; polo menos ata que o mundo caia ó chan e se escacaborre, nalgunha desas operacións de atípico uso.
martes, 16 de septiembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario