domingo, 23 de febrero de 2014

Formamos parte do Tesouro da lingua galega

Sen pretendelo, de forma inesperada, pasamos a formar parte do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, unha iniciativa de universidades brasileiras, portuguesas e galegas coordinada pola profesora Rosario Álvarez, do Instituto da Lingua Galega Galega (ILGA) da Universidade de Santiago de Compostela.
Sen pretendelo, ás palabras que entre todos fomos xuntando no Vocabulario de Brumoso están agora incorporadas a un xigantesco repertorio léxico a disposisición de 20 universidades brasileiras, portuguesas e galegas.
A nosa intención, cando comezamos a sumar palabras da nosa terra era, nin máis nin menos, procurar afastalas do esquecemento ao que semellaban condenadas pola falta de falantes que as adoptasen como propias. Ese risco segue latente, xeografía humana manda, pero moitas palabras que nos ensinaron os nosos vellos están agora catalogadas e a disposición dos investigadores das linguas.
Creo que todos debemos de sentirnos orgullosos do acadado, que debería de servirnos para seguir incorporando novos termos a ese vocabulario onde son todas as que están pero non están todas as palabras que son tesouros da nosa fala.

4 comentarios:

Santiago Fernández Vecilla dijo...

Enhorabuena, Javier, por tu contribución a la riqueza lingüística y cultural. Un abrazo, Santiago








Javier Lopez Rodríguez dijo...

Gracias, Santiago, en mi nombre y en el de todos los que colaboraron en el proyecto; participamos un montón de gente con ganas de que no se pierdan las palabras que mamamos de niños.

castromileiro dijo...

Boas, acabo de saber da súa existencia, bon, da existencia dun porteleiro coma min en Compostela. Estou facendo Filoloxía Galega aiquí na USC. Se algún día tomara a ben falarmos da lingua, da terra.., estaría moi interesado en intercambiar opiniois con vostede.

Saúdao Rober Montesinos Dos Santos

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Sempre que teñas a ben non tratarme de vostede...
Sinto non ter contestado antes, pero é que levo a tira de días sen mirar o blog. Déixoche os meus números 981 54 11 29/981 94 12 49