Medrar, dar froito, reproducirse, esas veñen ser as teimas dos representantes do que chamaban reino vegetal, do que os castiñeiros, polo menos na nosa terra, deberían ser os reis. Pola súa xenerosidade, pola súa persistencia en medrar e dar froitos durante séculos. O seu problema é ter que competir contra o tamén denominado rei da creación, o home ó que tantas fames quitou ao longo dos seus séculos de vida. Con ser a criatura máis complexa, a miúdo semella non ser a máis perfecta. Como se pode ver nestes castiñeiros abrasados porque algún representante da especie dominante quería divertirse vendo a forza do lume, ou simplemente porque foi neglixente ó deixar unha botella que se aliou co sol para o denominado efecto lupa. O membro da especie dominante divirtese ou non chega a ser consciente da desfeita que provocou. Os castiñeiros vense devorados polas lapas, caen esnaquizados. Se poden preguntarse, preguntaranse que fixeron para merecer semellante final. Alguen debería dicirlles que ao rei da creación, como a moitos outros reis, sempre lle acostuman sair moitos fillos bastardos.
domingo, 16 de septiembre de 2012
Os castiñeiros e os fillos bastardos do rei da creación

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Ben dito Javier. Lástima que inda non sepamos quen é. (Inda)
Díficil será que se sepa algún día, inda que semellante desastre non debería quedar sen castigo.
onsAEste é o ultimo intento por publicar no teu blog. As "palabras" que demostran que non son un robot, traenme louco. ¡Arregla eso ,Xabier.
E logo non serás un robot? Ya en serio. A min tamén me da problemas ás veces, pero non sei cómo podo arreglalo. A ver se a tía tocaya me axuda.
Publicar un comentario