domingo, 12 de febrero de 2012

O peso da experiencia

A estas alturas, seguramente se me escapan sentencias que, entre os máis novos, poden ser tomadas como a aburrida voz da experiencia.
Con todo, se algunha vez me preguntasen agardando o ditame da experiencia do vello, sexa agora, sexa dentro de vinte anos —oxalá—, creo que xa teño a resposta preparada: Vivín sempre con tanta présa, probei tantos oficios que, agora, seime incapaz de sentirme experto en nada.
Nin sequera podo sentirme experto do primeiro e extinto oficio, do traballo manual no campo, onde o que o que máis me gustaba era arar coa xunta de vacas; nada como ensuciarse coa negra terra de Brumoso; cun pouco de auga, coma novo. Nin como electricista. Nin como axudante de montador de xigantescos depósitos de gas. Nin como peón da construción, antes da burbulla. Nin como vendedor de libros. Nin como xornalista. Nin como restaurador de vellos mobles. Nin como contador de historias. Nin, moito menos, como tractorista ou desbrozador serodio.
O pior de todo e que, se media pregunta, nin sequera poderei dicir: só sei que non sei nada. Porque xa me pisaron esa sentenza. Visto o visto, a miña experiencia nunca vai ser un pozo de sabedoría; máis ben será, está a ser xa, unha pesada louxa. Un peso morto.

5 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Amigo, heche o que ten ser de terras como as nosas. Xeabra é dura, mais nunca abdicamos dela.
Unha aperta.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Dura debe ser a miña cabeza. Por iso non teño un montón de experiencia nunha manchea de oficios. Son máis rápido pra esquecer cousas que pra aprendelas.

Carol dijo...

¿Y por qué tenemos que ser expertos en una sola cosa? ¿Por qué no podemos ser lo que nos apetece ser en cada momento de nuestra vida? El día en que me interese una sola cosa en el mundo, cuando pierda la curiosidad por aprender otras tantas que me rodean y que no he probado aún... ese día, me jubilaré...
En realidad no es que no sepas a nada, lo que ocurre es que sabes demasiado... Y lo dice alguien que habla desde la experiencia... digamos que soy una experta en el asunto...

Carolina

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Ni sé si sentirme halagado o preocupado. En las películas, al que sabe demasiado, siempre lo liquidan.
Gracias por tus palabras, Carol

Javier Lopez Rodríguez dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.