Pena de Valle Inclán dando guerra por estes lares. Que bo esperpento faría coa desaparición do Códice Calixtino. Tampouco estaría mal ver os comentarios de Torrente ou Cunqueiro ao respecto. So nos queda agardar polo correspondente episodio galego de Rivas, que sen dúbida será singular. E agardar tamén para saber se foi un furto, un roubo consentido ou, como apunta Ánxel Vence en Faro de Vigo, un secuestro. Neste caso, só cabería agardar pola petición de rescate.
Mentres tanto, alimentémonos de comentarios ácido-lucidos como os do Carrabouxo en La Región:
"-Despareceu unha das xoias máis grandes da nosa cultura! De valor incalculábel!" -di o seu compañeiro de banco.
"-Pois aínda vale máis a fala!" -di el.
Con toda razón.
A fala estanos a ser furtada día a día.
Todos seremos culpables da súa desaparición.
Ninguén pedirá rescate.
Ninguén o podería pagar.
viernes, 8 de julio de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Diz que diz un vello arquivo, carallo desvarío, dis que dis que hai un facsimil.¡Ben!
Non será este o que ¿rouberon?. e o orixinal está agachado?.
Non sei, mais traima floxa, o do roubo.
Xente que rouba todolos días, aina, e que naide le da tanto eco.
Eu, por exemplo, cada vez que vou a Val dos Marcos, roubo algo. Eso sí sempre decindolo ó roubado.
Unha aperta Loro et family.
Ultimamente, nunca coincidimos no Val. Eu acabo de retornar, cunha enchente de zreixas (a terceira deste ano pródigo). No agosto nos veremos, supoño. Apertas.
Publicar un comentario