viernes, 10 de junio de 2011
Violencia de xénero? Asasinato en familia. Terrorismo doméstico
A sangría segue. A concienciación contra a mal chamada violencia de género non abonda. A mellor presentadora da mellor televisión informa sen inmutarse: "Temos un novo caso de violencia de xénero". Cabé pensar: detiveron a un tipo por bater na muller. Non tal. É un novo asasinato en familia. Outro asasinato doméstico. Por que nos impresiona menos que o terrorismo de sempre, ese que de momento parou? Así non avanzamos. Por moi emocionantes que poidan ser os anuncios que tratan de concienciar sobre o que chamamos un problema cando é unha sangría permanente. Así non imos a ningures. Se evolucionamos é para acabarmos con nós propios como especie.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¡Hai que unirse os indignados!. Está cada vez mais claro que aquelo que non sexamos capaces de acadar por nón mesmos, naide no lo vai facilitar
¡Xa ai zreixas!
Supoño que é compatible. Indignados contra os poderes que nos dominan pero non son capaces de gobernar esta sociedade a xeito; indignados contra os asasinos de mulleres, que non merecen en ningún caso ser chamados homicidas (demasiado brando); e comedores de cereixas, xa que as hai.Supoño que iremos para o próximo fin de semana
Publicar un comentario