Día de temporal, axeitado para unha manifestación que quere facerlle fronte ó temporal que embiste contra o servizo público máis esencial: a sanidade. Consignas reivindicativas como "O público é servizo, o privado é beneficio", ou "A saúde non se negocia". Ou outras cargadas de retanca ou quen sabe se de visión profética: "Aforrade para pagar a sanidade".
Cando ata en Estados Unidos fan esforzos para contar sun sistema de sanidade pública semellante ó español, en Galicia, onde Obama desde logo non é referente válido nin sequera cando vai tendo que rebaixar as súas aspiracións iniciais, estamos a ver como se volve a converter a sanidade no bo negocio que nunca deixou de ser para moitos. A boa sanidade, que a pague o que poda. A sanidade pública, para os indixentes. O problema é que, á vista de cómo evoluciona isto, os indixentes acabaremos sendo unha maioría. Así que tal vez só podamos optar entre dúas alternativas: aforrar -se podemos- para pagar a sanidade-negocio, ou mobilizarnos para procurar que siga habendo unha sanidade pública que sexa un servizo de calidade para todos.
2 comentarios:
Aiquí tamén houbo manifa, pero a xente caseque non apareceu. Parece que os usuariós non teñen demasiado interese na S. social.
¿Será que se están preparando, para o copago, ou pago total?
Estarán aforrando, seguro.
Publicar un comentario