domingo, 26 de julio de 2009

Os foguetes, de lonxe











Vimos os foguetes do señor Santiago 2009, de lonxe, como os últimos anos. Non porque nos dea alerxia o cheiro da pólvora, que, se cadra, tamén. O que nos dá máis alerxia é estar afogados polas multitudes que se xuntan no Obradoiro, ou en calquera outro sitio. Así que fuximos ata as faldras do Pedroso, alí onde está a residencia do presidente da Xunta, no sitio que chaman Casas Novas. É un miradoiro bastante axeitado, pero non tarda en estar masificado tamén. Un sitio para ir camiñando, porque se sobes en coche despois podes prepararte, porque non saes do atasco ata as tres da mañá. O que avisa, avisa. A falta de motivación para escribir doutros asuntos de máis interese, deixo aquí algunhas das imaxes que puiden tomar desde alí.

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Uiii...., foguetes coma os da Vixe do
Rosario,xa non hai, sobre todo porque xa non somos quen de ir buscar os canelos.
Alá polo ano 74 ou 75, encargueronme a min que mercase no mercado do Puente foguetes para as festas do Rosario, e creo que deixei a cofradia sen cartos.
Detodolos xeitos creo que fixeches unhas boas fotos desde o lugar no que estabas.
¡Oes!, a ver se te aimas, e escribes algo. Bótasete de menos.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

A ver se me animo á sombra dos castiñeiros do souto ou do Castro. Alá nos veremos algún día de agosto, agardo.
Saudos.