martes, 28 de julio de 2009

Non me traen a cerveza a casa

Quixen crer que era un premio que me tocaba por bon cliente. Que a compañía de cervezas de Galicia decidirá premiarme con envíos gratis, vía aérea, a domicilio.
Falsa expectativa.
A compañía só decidira aproveitar as multitudes de Señor Santiago en Santiago para facerse publicidade. Para ver se mercamos máis. Así que haberá que seguir cargando coa cerveza para matar a sede. Mirar pola ventana por se aparece outro globo ou, en caso negativo, seguir acordándose dos que decidiron ese gran disparate da Cidade da Cultura (ó fondo, sobre o lombeiro, entre as grúas) e, tamén, dos que nunca decidiron parar a máis grande dilapidación de recursos da historia de Galicia.

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

¡Oes, unha pregunta sen malicia!
¿En que se diferencian os politicos que escomenzaron a obra, dos ca deixeron seguir ou dos de agorá?
¿Acaso na forma de falar o galego, ou de usalo?

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Non sei en que se diferencian pero creo que se parecen no feito de ignorar o parecer e o sentir da xente do común. Do común, pero con opinión propia e autorizada, a meu xuízo, é o arquitecto Pedro de Llano; hoxe sae na Voz calificando o Gaias de disparate que falta ó respeto á arquitectura; por exemplo, revela que "entre as cubertas e os falsos teitos hai alturas que superan os doce metros, co que o volume perdido é superior ao que se usa". A de apartamentos para mozos ou residencias para vellos que se poderían facer neses espazos baldeiros! (para publicar isto saime a palabra "hascu", que casualidade)