lunes, 1 de diciembre de 2008

E en Brumoso caeu unha manta de neve como as de antes

Ata candiolos había polas bordas dos louxados. Como os que habitan na memoria da nosa infancia. Caeu na pasada fin de semana unha nevada como non se acordaba hai anos. Non houbo lugares illados en Brumoso nin en Val dos Marcos, porque as máquinas da Deputación funcionaron, pero si moitas dificultades para moverse, sobre todo polas vías urbanas (se non é contrasentido falar de vías urbanas nas aldeas), porque as mentadas máquinas non querían tanto traballo.
Colleunos alá por sorpresa, cun furgón alquilado para levar cousas para a Casa da Carballa e non puidemos gozar plenamente da novidade porque había funeral e incertidume por se poderíamos ou non saír do sitio enteiros ou abolados. Precisamos axuda para entrar co furgón no lugar e tivémola: o José Antonio, o Diego, o Plácido. Víñamos ben axuda para descargar e por alí andaba o Santiago, voluntario. Precisamos axuda para saír e tamén a tivemos: o Santiago outra vez, o Ramón, o Ion, o Diego outra vez, o Jaime (seguro que esquezo a alguén; que me perdoe). Isto é o mellor dos pequenos lugares. Semella non haber xente pero, se un precisa axuda, sempre da con ela. Así que conseguimos saír e gozar dunha paisaxe excepcional, que merece sen compartida.



5 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

A ver oh, teño dúas cousas que comentar:
1ª.-Non sei se te decateste, mais na foto donde se vei Rebordelo, xusto no medio, por enriba do prado do ti Dario, hai cinco corzas, tres femias e dous machos.
2ª.-Non sei se xa o dixen outra vez; a casa da que falas, que por certo é a preimeira vez que oio o nome que le pós, nunca xamais será unha boa casa, se non se inaugura. Ti pos a parte sólida e eu encargome do viño.Para os astemios tamen levarei auga.
Quero que as cuncas as leve a miña amiga? Alicia, e o xamon a miña tocaia.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

1) Creo que che falla a vista: son catro corzas femias e un só macho polígamo.
2) O da casa. ¿Que che parece un convite á preinauguración? Neste fin de semana (se a neve ou outras forzas maiores non o impiden)imos ter zafarrancho de limpeza. Nos pomos a auga e a aspiradora e ti podes por o viño.
Máis adiante, xa falaremos das partes sólidas.

Xabres da Teixeira dijo...

Aceptado, vos faceis o que teñais que facer coa auga e a aspiradora, despois aparezo eu e Angela, ti so teras que por as castañas asadas, quero averiguar como gustan con champagne. A oferta é en serio, salvo que o tempo o impida e as autoridades non o permitan.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Aceptada a moción. Xa que o luns é festa, propoño o domingo tarde-noite (merenda-cea), para que antes poidamos limpar e ordenar un chisco o caos, probar se a cheminea tira e quece o sitio e esas cousas. A tocaia que leve o xamón, se vai. Se non, xa o levaremos nos.

abobriga dijo...

impresionantes fotos... como as de antes! na miña vila xa non hai temporais "como os de antes" dende que fixeron o dique novo e a Fenosa xa non nos amola tanto. O certo é que os boto de menos.