domingo, 23 de noviembre de 2008

Árbores que non se queren enterar de que están mortos

Despois de vivir centos de anos, parece lóxico que as grandes árbores, en moitas ocasións, esquezan que lles chegou a hora de baixar os brazos e deixar o paso a outras. A incercia da vida pode máis que os lumes, que as plagas. Quedan ás veces os poderosos esqueletos, ben asentados nuns pés de número grande, en pé durante unha vida de persoa afortunada.


Lendo un artigo de Antonio Muñoz Molina sobre a exposición de fotografías de Miguel Ángel Blanco titulada "Árbol caído", en El País, acordeime da foto que fixen en Lubián neste pasado verán. Na subida cara ao Cortello dos Lobos está o castiñeiro da imaxe, un castiñeiro morto que aínda non o sabe porque ten todas as gallas enteiras, porque semella estar agardando unha nova primavera na que, por fin, lle volvan saír follas para volver dar castañas.

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

É moi probable, que desde o entorgamento dese castañeiro, ainda broten lampos, que en definitiva, o fagan vivir de novo.
Olliño, con esto non quero decir que o de queimar seres centenarios sexa algo que se deba facer. Deus me libre. Mais a vida enganchase a calquer posibilidade. Mira se se engancha, que,inda tenta seguir no xenero humano.
Por certo date unha volta polas latas e veras cadavres de castañeiros sen posibilidade de lampos. Podo pasarte fotos.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Ben sei que temos moitos cadéveres de castiñeiros no termo. Meu irmán ten tamén moitas series de castiñeiros feridos de morte. Con todo, si que chama a atención a súa teima por vivir, por botar follas verdes onde semellaba haber só carbonilla.
Saúdos