Principalmente, o meu plan está en segar broza, coa gadaña ou coa desbrozadora; seguir restaurando algún moble vello para a Casa da Carballa, que xa semella a obra do Escorial polo que tarda; regar algunhas das árbores froteiras que plantei hai pouco e precisan coidado; castrar as colmeas e sacar o mel coa pota a manubrio; axudar a regar as patacas e os chícharos cando nos toque a auga; ler e procurar escribir algo, tamén; e camiñar, e botar uns chapuzóns no río, todos os días, a poder ser.
Como principal novidade, desta volta agardo coñecer algúns dos amigos de Horacio, con motivo da homenaxe do día 16 de agosto. Será unha homenaxe con música, como a él lle gustaría, porque Alberto Jambrina e Pablo Madrid irán dispostos a tocar unhas pezas, principalmente as recolectadas na comarca: a empreñadora, a alborada, etc. Quen sabe, se cadra ata alguén se atreve a botar uns bailongos na escola.
Ata setembro non haberá máis entregas. Este será un agosto desconectado e, agardo, saúdable.
1 comentario:
Supoño que os veremos no Tuela, a volta das camiñatas-bicicletadas, pola estrada de Lubián.
Haberá que facer cousas algo productivas, por exemplo, NADA.
Oe, a empreñadora, era nin mais nin menos que Ojos Verdes.
Xabrés.
Publicar un comentario